Ribadeo, 3 de novembro de 2023. O poeta existencialista natural de Tapia de Casariego (Asturias) e actualmente residente en Mendoza (Arxentina), Pepe Suárez Jardón, acaba de publicar a súa última obra, titulada Poeta na Insua Libertaria. É un libro de poesía editado pola empresa ribadense Eoditorial.com, que tamén reeditou dúas anteriores publicacións deste autor: Por el camín de Nayundes e La voz del silencio en su mirada. Agora Pepe Suárez Jardón prepara o seu segundo libro de contos infantís en galego-asturiano (o eonaviego), que se titulará Alredor del llume.
Sobre a súa biografía, Suárez Jardón explica: “nacido en Matafoyada, en la parroquia de La Roda (Tapia de Casariego), hijo de padres campesinos. Desde el año 2011 vivo en Mendoza (Argentina), donde soy profesor de Lengua y Literatura. Mi primer libro de poesía, Manos de viento, fue publicado en noviembre del 2016 gracias a la colaboración de un amigo, el escultor y pintor Roberto Barroso Chimeno (Tito), que hizo de mecenas para su edición. En este libro de carácter existencialista se abordan diferentes temáticas, en especial los temas sociales, aunque también se dan en él poemas dedicados al amor o a la naturaleza. En mi segundo libro, Por el camín de Nayundes, publicado en el 2021 y escrito en habla eonaviega o gallego-asturiana, se tratan temas muy diversos en una conjunción de estilos, desde sonetos, décimas, verso libre, etcétera. Ahí aparece por primera vez el poema en verso septicuarto, de mi invención, que consta de estrofas de rima consonante de ocho versos alternos de heptasílabos y tetrasílabos (abababab). El tercer libro, La voz del silencio en la mirada, es un poemario existencialista y representa un recopilatorio de poemas existenciales, con carácter filosófico. Hay un cuarto libro, un cuento infantil en lengua gallego-asturiana, Anía y os homecos, ganador del segundo lugar de los Premios Quiastolita, del Parque Histórico del Navia, en Asturias. El quinto libro, Poeta en la Ínsula Libertaria, publicado en la actualidad, es un poemario de poesía existencial. Próximamente se publicará un libro de cuentos y relatos el gallego asturiano, Alredor del llume, de temática que gira alrededor del género fantástico y maravilloso. También he colaborado y colaboro en otras publicaciones, como en el libro Historia de Candaosa-Lagar, de la autora asturiana Ana Quintana, donde por primera vez se publican en eonaviego versos de mi autoría que ensalzan el paisaje de la cuenca del río Porcía, emblemático para mí y para mi obra. Administro un grupo literario en Facebook llamado La Ínsula Libertaria, en el cual participan escritores y artistas de todas las nacionalidades de habla española y portuguesa en una interrelación muy estrecha con los lectores; y también administro una página con el mismo nombre. Me considero un poeta existencialista en búsqueda permanente de la belleza y la libertad que de ella nace; somos libres en la medida en la que podemos soñar, sentir y pensar nuestras vidas sin la menor intervención posible del medio que nos condiciona”.
Eoditorial.com tamén publicou varios libros de xenealoxía e historia asturiana, o último un completo estudo sobre a orixe e liñaxe do apelido Meana, realizado polo estudoso catalán Jordi Mestre. E editou outras obras sobre heráldica e diversos temas, personaxes e autores asturianos e ribadenses.





















Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.



