A Mariña, venres 3 de novembro 2023. O BNG, a través do deputado mariñao Daniel Castro levou ao Parlamento unha iniciativa para facer seguimento do traballo da Xunta de Galiza a respecto da situación da factoría de Alcoa en San Cibrao. Para os nacionalistas on xa moitos os meses nos que os traballadores e traballadoras da factoría de Alcoa, así como os das súas auxiliares, viron e ven como os incumprimentos reiterados por parte da empresa norteamericana non están a ter ningún tipo de resposta por parte das administracións, ben sexa a Xunta de Galiza ou Goberno do Estado, e ponen como exemplo o feito de que a empresa xa fala de levar a cabo paradas na fundición, algo que incumpre claramente os acordos que foron aprobados.
Castro manifestou tamén que “A isto temos que sumarlle as sucesivas declaracións dos máximos dirixentes da multinacional que falan dun futuro moi negro para a continuidade da factoría en San Cibrao. Para isto esgrímense argumentos que teñen a ver coa ausencia de clientela, algo que ten que ver directamente coa responsabilidade da propia empresa e non cos traballadores e traballadoras que asinaron un acordo que debe e ten que ser cumprido”.
A inquedanza entre os traballadores e traballadoras ante esta situación exténdese tamén ao conxunto da comarca, donde esta factoría é un dos principais motores económicos, polo que nesta iniciativa o BNG esixe a implicación da Xunta nesta problemática e díe resposta ás preguntas que na mesma se formulan:
– Que valoración fai a Xunta de Galiza da actual situación da factoría de Alcoa en San Cibrao?.
– Vai a Xunta de Galiza realizar algún tipo de acción ante as declaracións dos máximos dirixentes de Alcoa que falan dun futuro negativo para a continuidade da factoría?.
– Cal é a perspectiva de traballo que ten a Xunta de Galiza no que ten a ver con Alcoa nos próximos meses?.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



