IEEE é a maior asociación profesional no ámbito da enxeñaría eléctrica e electrónica
Vigo, 3 de novembro, 2023. Hai xusto un ano, o profesor do Departamento de Tecnología Electrónica Juan José Rodríguez Andina era nomeado membro ‘fellow’ do Institute of Electrical and Electronics Engineers, IEEE. Agora a súa traxectoria acada un novo éxito ao ser nomeado presidente electo da IEEE Industrial Electronics Society (IES), unha das principais sociedades que conforman o IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers).
Como el mesmo explica, o IEEE é “a maior asociación profesional no eido da enxeñaría eléctrica e electrónica e áreas afíns”. Con máis de 400.000 membros en todo o mundo, está organizada en algo máis de 40 sociedades, sendo a Industrial Electronics Society (IES) “unha das de maior tamaño e crecemento”. Andina ostentará o cargo de presidente electo durante os dous próximos anos e pasará a converterse en presidente durante o período 2026/2027. Este é o sistema de elección que se aplica nas sociedades que forman parte do IEEE e que, como destaca Rodríguez Andina, permite “garantir un funcionamento estable e unhas transicións de liderado suaves”.
IES, unha sociedade que aposta pola equidade e a diversidade
De entre as sociedades que conforman o IEEE, a Industrial Electronics Society destaca non só polo seu tamaño e potencial de crecemento, senón tamén, como indica o docente da UVigo, “polo número e calidade dos seus congresos, publicacións e actividades técnicas, así como polos seus esforzos en favor da equidade, a diversidade e a inclusividade”. Exemplo disto é o programa de promoción e divulgación Women in IES, que visualiza as achegas das mulleres no eido da electrónica industrial, o programa de axudas a estudantes e novos profesionais para a súa participación en cursos e congresos, ou as iniciativas humanitarias para levar a tecnoloxía a zonas subdesenvolvidas e mellorar a vida dos seus habitantes, respondendo así ao lema de IEEE Advancing Technology for Humanity.
Unha longa traxectoria no IEEE
O profesor Rodríguez Andina conta cunha longa traxectoria no Institute of Electrical and Electronics Engineers e na Industrial Electronics Society. Entre 2013 e 2015 foi editor xefe da IEEE Industrial Electronics Magazine, unha das revistas de maior impacto a nivel mundial neste eido. A partir dese momento comezou a exercer como vicepresidente para Conference Activities da IEEE Industrial Electronics Society, cargo que ostentou ata 2021. Ademais, en 2020, a IEEE Industrial Electronics Society recoñeceu a súa excelencia académica e investigadora outorgándolle o Anthony J. Hornfeck Award, un galardón de gran prestixio en este ámbito, que a IEEE Industrial Electronics Society outorga dende 1979. En 2022 converteuse en membro ‘fellow’ do Institute of Electrical and Electronics Engineers, IEEE, unha categoría que cada ano só acada o 0,1% dos membros desta asociación.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



