A deputada de Cultura e a xerente do servizo provincial presentaron esta programación que comeza mañá, martes, e se alarga durante o Nadal
Lugo, 27 de novembro de 2023. A Rede Museística da Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa o programa CoidArte. Trátase dunha iniciativa de Museoloxía Social con actividades que van dende exposicións, webseries ou obradoiros que percorrerán os catro centros. A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede, Encarna Lago, presentaron este programa que se alargará durante o mes de decembro.
O obxectivo desta proposta cultural e educativa é coidarse dende o emocional ao físico, xerando unha rede de actividades para todos os públicos e centradas no Nadal. Tamén se inclúe unha nova edición de Fotografía a Cegas, un programa que este ano se centra nos retos do imposible e que, entre outros temas tocará a sinestesia.
Iria Castro destacou a importancia destas actividades que “abren as oportunidades e permiten o acceso a distintas modalidades artísticas a persoas de todas as idades, dende nenos ata persoas maiores, e condicións. Unha oportunidade para coñecer os centros da Rede Museística e descubrir o valor da cultura”.
O Museo de Lugo acollerá un curso de Ioga e arte, que xa comeza esta semana, os martes e xoves de 11 a 12:30 e os venres dende as 18:30 ás 20 horas, para o que no é necesario inscrición previa. Ademais, presentarase a accesibilidade da Sala Castelao deste centro, que acollerá un obradoiro de Cogami Monterroso e a presentación do material de apoio á inclusión o martes 19 de decembro.
Un día antes, coincidindo co Día do Migrante, realizarase unha presentación da web serie “Ronsel de futuro. Historias Soterradas”, ás 19 horas no Museo e, ás 20 horas será no Vello Cárcere. Tamén nesta xornada se presentará, na Sala Multiusos do Museo de Lugo “Mulleres nas aldeas. Culturas en Diálogo”, que busca centrar a atención nas mulleres inmigrantes que traballan no rural coidando.
Dende o 19 de decembro ata o 1 de marzo, o fotógrafo Adra Pallón exporá “Intrahistorias: Luz entre as cinzas” nos 4 museos da Rede. As imaxes, realizadas nos últimos 5 anos, reflicten o día a día dos lucenses en distintas realidades. O Museo de Lugo contará cunha colección de fotografías dos incendios da provincia; no Pazo de Tor estarán imaxes de feirantes; en San Paio de Narla o protagonismo estará no rural e no Museo do Mar a Loita de Alcoa centrará a exposición.
A programación péchase con obradoiros nos catro museos da Rede Museística centrado nun público infantil ou familiar:
– Somos Capaces, somos diversxs: 2 de decembro no Museo do Mar (Cervo)
– Camiños de Volta Museo Provincial do Mar: 6 de decembro no Museo do Mar (Cervo)
– Un Nadal para xogar: 22 de decembro na Fortaleza Dan Paio de Narla (Friol)
– Obradoiro de Nadal ARTE-sa: 27 de decembro no Museo do Mar (Cervo)
– A luminaria no Pazo de Tor: 27 de decembro no Pazo de Tor (Monforte)




















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



