O deputado popular tamén dixo que o Goberno galego iniciará ao mesmo tempo os estudos para a dragaxe do porto chico
Compostela, 28 de novembro de 2023. O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro afirmou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta acometerá antes de que remate o presente ano as obras de dragaxe do porto de Foz, ao tempo que iniciará os estudos necesarios para unha futura dragaxe do porto chico.
José Manuel Balseiro manifestou que o Goberno galego “deu prioridade as demandas do sector pesqueiro de Foz, ás asociacións e ao Concello actuando sempre na procura de consenso, polo que en primeiro lugar levarase a cabo a dragaxe do peirao principal deste municipio”.
Neste sentido, lembrou que no porto de Foz “conviven tres condicionantes de protección ambiental de especial complexidade e rigorosidade: lugar de interese comunitario, zona de especial protección ambiental e Rede Natura”. Deste xeito, as precaucións requiridas por unha actuación destas características alongan os procesos de tramitación previos a calquera proxecto de repercusión medioambiental, como é o caso da dragaxe deste porto.
MAIOR CALADO
“Asumimos a necesidade de maior calado no porto chico, pero a urxencia desta actuación será a que permita a súa correcta tramitación administrativa e a máxima transparencia de cara aos afectados”, apuntou.
Balseiro lembrou que a Xunta levou a cabo nas dúas últimas lexislaturas dúas obras de dragaxe do porto de Foz, por un importe de 700.000 euros. “Agora nas vindeiras semanas acometerase esta terceira fase, que conta cun orzamento de 500.000 euros”, engadiu.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



