Outorgada xa a confianza parlamentaria ao candidato socialista como Presidente do Goberno do Estado co voto, entre outros do BNG, comeza a conta atrás para o cumprimento dos acordos do pacto de investidura BNG-PSOE. Hoxe analisamos os compromisos canto á mellora da rede e dos servizos ferroviários, artellados nun potente Plan Integral de Modernización da Rede Ferroviaria de Galicia que, antes da fin desta lexislatura:
i)Implantará un servizo de tren de proximidade (“cercanias”) polo menos nos treitos A Coruña-Ferrol e Pontevedra-Vigo.
ii) Conectará o eixo atlántico A Coruña-Vigo co tren Lisboa-Porto-Valença do Minho a medio da saída sur de Vigo para garantir a operatividade da alta velocidade no eixo ferroviario Galicia-Portugal na contorna de 2030, consonte co proxecto portugués que programa para ese horizonte o remate da liña no seu territorio. Mentres, melloraríase o material e incrementaríanse os servizos na actual liña Vigo-Porto
iii) Pulará polo Corredor europeo Atlántico de mercadorias,
iv) Modernizará a liña Guillarei-Ourense e do treito Betanzos-Lugo, da liña FEVE Ferrol-Ribadeo, e máis da liña A Coruña-Ferrol, garantindo o comezo das obras de execución do by-pass de Betanzos antes da fin da lexislatura.
v) Recuperará o nível de servizos prepandemia e estudará a necesidade do seu incremento no futuro.
Malia o cobizoso deste Plan, a experiencia histórica aconsella sermos escépticos diante dos compromisos que con Galicia asumen as forzas do bipartidismo dinástico PP-PSOE. É de xeral coñecemento que o PSOE é moi áxil para negociar e asinar acordos e, pola contra, adoita ir moi amodiño para cumprilos. Que este pacto de investidura constitúa unha excepción exitosa vai depender de dous factores que mesmo poderían actuar conxunta e acumulativamente.
O primeiro destes factores será a dinâmica especial desta lexislatura. No pacto devandito prevese unha Comisión de Seguimento BNG-PSOE que haberá de se reunir cada cuadrimestre ou cando calquera dos partidos o requira para avaliar os progresos na execución do pactado. A esta garantia se lle engade a moi probábel necesidade do concursi dos votos todos do pacto de investidura para a aprobación dos vindeiros e sucesivos Orzamentos Xerais do Estado, onde se terán de concretar cadanseus asignamentos de recursos para por en vigor este Plan galego de Modernización ferroviaria. O PSOE, desta vez, non pode recuar para tentar o apoio do PP e precisa respectar os pactos asinados cos seus socios de investidura.
O segundo factor é a decisión certa do PSOE de apostar por unha remuda á fronte da Xunta de Galicia logo das nosas eleccións nacionais de 2024. Dende as eleccións nacionais de 2005 a dirección federal do PSOE e a feble organización galega do PSdeG non coincidían tanto nun candidato viábel como na necesidade do concurso dual e cooperativo de BNG e PSOE (semella que con certa preeminencia dos soberanistas) para que agrome, por fin, a alternancia en San Caetano logo de 15 anos de goberno da dereita.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



