O outro día, ó querer entrar en Facebook, recibín un aviso: ou vendía a miña alma ó seu diaño particular, ou pagaba cota. Non poñía unha terceira opción, a que polo momento elixín, non entrar na ‘rede social’. Dous días despois, pasoume o mesmo con Instagram.
Tentarei explicar algunha cousa sobre ese momento.
Na súa nota, Facebook escúdase nas ‘condicións cambiantes’ da lexislación (da UE e España). Con pouco que se procure, atópase que na realidade a lexislación algo cambiou xa hai algún tempo, pero mesmo a que había viña sendo incumprida pola compañía. É dicir, o que estaba a facer era ilegal. Unha compañía agora chamada ‘Meta’ [Meta Platforms, Inc.], tras un cambio de nome nun intento de branquear a súa imaxe, e que aglutina a máis de Facebook, a Instagram ou WhatsApp. Unha compañía na que, nunha soa das súas seccións, Facebook, hai xa anos, tiña uns 700 MB de información sobre min. Iso si, desas cousas non di nada a nota. Tampouco houbo ningún tipo de aviso previo ou de tempo de adaptación para recoller: se quero entrar para avisar á xente que tiña na (supostamente miña) rede, ou acepto a miña venda ou pago.
Despois de ver durante anos a evolución do tema, xa estaba internamente sobre propio aviso de que o cambio de condicións de uso estaba a chegar. Mais non esperaba, a mais da apropiación de datos usufructuados durante todo este tempo, a expropiación deles. Ata o momento, usaban os meus datos e información, pero eu tamén podía facelo. Agora ‘eles’ teñen os meus datos e información, e eu non.
É evidente que unha empresa, como é Meta, está feita para gañar cartos. E non me levaba a engano. Se non dende o comezo da nosa relación, ao menos dende o moito tempo que leva circulando a afirmación ‘se non pagas por un produto, é porque ti es o produto’. Tampouco me eran indiferentes cousas diversas como que me chegaran uns determinados anuncios, que o tráfico que xeraba a miña actividade fora impulsado ó alza ou á baixa por cuestións internas da compañía (‘estudos sociais’ era como o viñan denominando ás variacións arbitrarias de recomendación), a retroalimentación positiva de extremismos ou mentiras, a influencia en eleccións… Mais a expropiación – privatización actual é algo que polo momento, considero que colmou o vaso.
Mastodon.gal ou cabozo.com son dúas redes que levo algún tempo explorando como alternativa. A primeira, cun funcionamento distribuído, é un nodo de Mastodon, rede que pode dicirse que está a comezar por estas terras. Cabozo máis ben é o revés: sustentada noutro tipo de funcionamento, coido que non chegou nunca a render dividendos, pero aínda con moitas diferencias, achegábase (achégase) máis a Facebook ou a Twitter. Segue a funcionar, pero entendo que pouco a pouco está a caer. Hai outras redes a considerar, tanto máis tradicionais (por exemplo, LinkedIn, encamiñada ó mundo profesional) ou das ‘novas’ (por exemplo, Diaspora, Friendica ou Hubzilla), unhas máis comerciais/empresariais e outras máis distribuídas/comunais, que haberá que explorar en caso de seguir necesitado alternativa.
É evidente que o punto forte das redes está na xente que as usa, a cantidade da xente que constitúe os seus nodos. E Facebook, con uns 3000 millóns de usuarios a comezos do presente ano, ou Twitter, con máis de 500, levan vantaxe sobre as máis recentes nese piar. Pero é un mundo dinámico: a perspectiva de uso dunha aplicación de mensaxería como Telegram en relación a WhatsApp era totalmente diferente hai tan só hai uns poucos anos á que é agora, pasando de ser case invisible a primeira a ter xa a metade de número de usuarios da segunda.
Por certo, hai quen usando todos os días unha rede social, o seu concepto de ‘rede social’ non abrangue máis ca que usa. Sexa ou non sexa así, pode que non veña mal pasar pola Wikipedia para facerse unha idea máis axeitada. Por exemplo, botándolle unha ollada a https://gl.wikipedia.org/wiki/Rede_social.
Mentres, un blog como Ribadeando, que usaba Facebook como caixa de resonancia como tantos outros, seguirá funcionando e chegando as súas novidades á xente de diferentes xeitos, por redes sociais alternativas, posteado doutras persoas, mensaxería, procura no navegador ou por medio de agregadores de noticias como Feedly. E máis no futuro, xa veremos.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



