Foz, 29 de novembro, 2023. O Martínez Otero vén de recibir unha boa nova. O pasado 1 de xuño publicábase no DOG unha Orde pola que se establecían as bases reguladoras para a concesión das subvencións públicas, en réxime de concorrencia non competitiva, a centros privados sostidos con fondos públicos para dotación de aulas dixitais, financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Solicitouse o máximo que as bases reguladoras permitían: a dotación de ordenador e panel dixital interactivo (IFP) para 10 aulas do colexio, e que nos foi concedida na súa totalidade. O investimento foi de 27992,38€.
Actualmente hai instalados encerados interactivos (PDI) que só funcionan cando hai un ordenador, un proxector e unha pantalla LCD. O encerado mostrará todo o que apareza na pantalla do ordenador do usuario. En cambio, un panel dixital interactivo (IFP) é un panel de vídeo con pantalla táctil que permite actuar sobre a imaxe mediante o dedo ou un punteiro. Este tipo de dispositivos non precisan de proxector xa que poden amosar a imaxe no propio panel.
Unha das liñas de actuación é a integración das TIC na aula. Procurando que o alumnado se achegue á tecnoloxía desde o inicio da súa escolarización no centro. En infantil comeza o achegamento a estas ferramentas co uso do ordenador, o encerado dixital e a robótica (a través de Beebot). En educación primaria continúase co uso do ordenador, o encerado dixital e tabletas no 3º ciclo para as materias de linguas e matemáticas. Na educación secundaria proséguese co uso do ordenador, o encerado dixital e a robótica (a través de LEGO Spike Prime). Ademais, dentro das materias de Dixitalización e Tecnoloxía e Dixitalización afóndase no uso das TIC (tratamento da información, edición e montaxe de materiais audiovisuais, programación, interacción na rede, seguridade e protección de datos, tecnoloxía sostible, deseño asistido por ordenador, …).
O obxectivo que ser persegue coa solicitude desta axuda e a instalación destes paneis é o de aproveitar todas as vantaxes que ofrecen este tipo de dispositivos para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe no centro e que a maior parte posible do alumnado se poida ver beneficiado.
As pantallas interactivas teñen unha capacidade inherente para impulsar a aprendizaxe activa e maximizan a STEAM. Os estudantes poden extraer contido da internet, manipular o contido da pantalla de forma simultánea traballando en equipo…
Búscase tamén contribuír á mellora do proceso de ensino-aprendizaxe, ao tratarse de dispositivos máis versátiles en canto á interacción e máis adaptados aos requirimentos das diferentes etapas evolutivas do alumnado, así como ás necesidades educativas especiais. Axudan a capturar e manter a atención do alumnado e facer que a aprendizaxe sexa máis divertida.
Os IFP instalados veñen con ángulos de visión optimizados que permiten aos estudantes ser capaces de ver a información claramente desde calquera ángulo. Ademais, os paneis son suficientemente brillantes como para ser vistas en calquera situación de iluminación, non tendo que escurecen a aula para unha mellor visión do proxectado.
En resumo, estes paneis dixitais interactivos ofrecen unha variedade de vantaxes para a aprendizaxe en idades temperás dos estudantes e para a ensinanza do profesorado, desde unha maior interactividade e acceso a recursos educativos, ata unha maior flexibilidade e adaptabilidade na presentación do contido educativo.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



