Rivas Cruz lamenta a falta de compromiso da Xunta do PP para cubrir as perdas das explotacións pola baixada de produción ou os abortos que causa a doenza
Santiago de Compostela, 10 novembro, 2023. O deputado do BNG Xosé Luis Rivas reclamou hoxe en sede parlamentaria a ampliación das axudas para cubrir os estragos que, advertiu, está a causar na cabana gandeira a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica, coñecida como ‘a covid das vacas’ .
Rivas Cruz considerou insuficiente que as axudas da Consellería de Medio Rural cubran só as mortes causadas pola enfermidade porque, advertiu, a doenza está provocando outras perdas nas explotacións relacionadas coa baixada de produción de leite e carne, os abortos, a infertilidade posterior ou as malformacións fetais.
Lamentou, neste sentido, a falta dun compromiso explícito da Xunta do PP a ampliar as axudas xa anunciadas por morte, pois o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industria Alimentaria, José Balseiros, tan só dixo hoxe que están a estudiar as compensacións que van recibir os gandeiros.
O BNG conseguiu o pasado 27 de outubro que o PP aceptase reclamar á Xunta as axudas por mortes derivadas da ‘covid das vacas’, un dos puntos dunha proposta presentada por Rivas Cruz en comisión parlamentaria que tamén incluía compensacións pola baixada de produción. Este punto, sen embargo, non foi aceptado polo PP, de aí que o deputado nacionalista insistise hoxe na súa reclamación.
Información para evitar alarmas infundadas
Na exposición dunha pregunta formulada ao director xeral, José Luís Rivas insistiu igualmente este venres na necesidade de ampliar a información sobre a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica tanto aos gandeiros como á sociedade en xeral, co obxectivo de evitar posibles alarmas no consumo de produtos procedentes do vacún e do ovino.
Xosé Luís Rivas acusou ao Goberno do PP de “escorrer o vulto” cando, xa en xullo, a doenza estaba ás portas do País e “todo facía prever que ía entrar”, pois as condicións climatolóxicas (temperatura e humidade) eran favorables para a cría do vector que a transmite, como así ocorreu. Criticou, neste sentido, que a primeira “informacionciña” que recibiron os gandeiros foi un pequeno anexo nunha circular pola lingua azul a mediados de agosto. Aludiu, neste sentido, ao “medo” que provoca falta de información, e emprazou á Consellería a investigar por que algúns gandeiros se negaron a declarar a morte de vacas afectadas pola doenza.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



