Lugo, 9 de novembro de 2023. O Comite de Centros de Atención Primaria da EOXI de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, despois dunha reunión mantida hoxe, denuncia a situación caótica sufrida pol@s traballador@s e usuari@s do Centro de Saúde de Viveiro pola ausencia de cinco d@s sete facultativ@s que compoñen a plantilla de médic@s en quenda de mañá. Esta situación, que é continuada desde o pasado 2 de novembro, provocou a anulación de das axendas ordinarias, limitándose únicamente á atención urxente, o que provoca a falta de atención a pacientes que acuden ao seu centro de saúde para procesos non urxentes, máis non por iso menos importante e necesaria para a saúde da poboación.
Segundo explican as organizacións sindicais que compoñen o Comité de Centros e Atención Primaria (CC.OO.,CIG-saúde, CSIF, OMEGA, SATSE,UGT e USAE) a situación que se está a vivir en Viveiro é moi grave, pois coa excusa que continuamente pon a Xerencia de falta de médi@s non so se está a vulnerar o dereito fundamental á protección da saúde das persoas, senón que se está a sobrecargar ás e aos profesionais ata límites insoportables.
Esta situación está a afectar tamén a centros como o do Vicedo, están a substituirse os/as facultativas con prolongacións de xornada de catro horas , e mesmo ao centro de saúde de Ourol onde non se substitúen moitas das ausencias do persoal facultativo. O resultado desta nefasta xestión por parte da Xerencia é o aumento da carga de traballo que sufre o pesoal de todas as categorías e mesmo o PAC, que ten que absorber toda a demanda que acude fora das horas cubertas polas prolongacións e que , polo menos en principio, debera ser resolta de xeito ordinario.
O servizo de pediatría atópase tamén en situación de emerxencia
O comité de centros tamén ven de denunciar a situación de emerxencia do servizo de pediatria de Viveiro, onde a falta dos dous pediatras da plantilla provoca que moitos meses se reduza a atención presencial ás crianzas solamente a cinco ou seis días ao mes, días nos que acuden pediatras doutros distritos ao centro de saúde de Viveiro. Neste centro de saúde os pediatras atenden, lembremos, as crianzas das localidades de Viveiro, Ourol e o Vicedo.
Desde este órgano de representación da Atención Primaria da Área Sanitaria de Lugo-Monforte A Mariña esiximos á Xerencia que dea unha solución aos problemas tan graves que están a sufrir estes centros de saúde , poñendose a traballar de xeito inmediato e se deixen de dar excusas recurrentes coñecidas por tod@s para desviar a atención da sua propia incompetencia.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.


