Foz, 21 de novembro de 2023. O Concello de Foz organiza unha concentración e dous cursos para conmemorar o 25 de novembro, Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
A concelleira de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, anuncia: “Acabouse! é o lema do Concello de Foz para este 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Desde o Concello queremos amosar, baixo este lema, a nosa repulsa contra calquera tipo de violencia machista e transmitir á sociedade a importancia de traballar valores de igualdade e respecto polas persoas”.
Elena Martínez engade que “este ano colabora nesta campaña o equipo feminino de baloncesto Adamo Celtas, do C.B Celtas de Foz, un equipo conformado por algo máis dunha decena de mulleres novas, comprometidas e loitadoras, que se erixen como o equipo revelación da Primeira Autonómica Feminina. Estas rapazas son un clara mostra de que o deporte, como moitos outros ámbitos, non é só masculino e as locais están a ser un gran exemplo de deportividade para toda a xuventude”.
A programación de actividades polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller en Foz xa comezaron o pasado sábado 18 de novembro cunha Andaina contra a Violencia de Xénero, que se levou a cabo en colaboración coa asociación de camiñantes de Foz Os Sendeiros e a asociación de Mulleres en Igualdade de Burela (BUMEI). Nesta iniciativa participaron máis dun centenar de persoas, que percorreron 14 quilómetros de costa desde a praia de A Rapadoira ata o Centro Cívico de Cangas unidas cun mesmo fin: dicirlle non á violencia de xénero.
Outro dos actos que se van levar a cabo para este 25N como apoio ás 52 vítimas dos feminicidios que se perpetraron neste ano 2023 é unha concentración e lectura do manifesto o vindeiro 24 de novembro ás 19:00 horas, diante da praza do Concello, no que participará tamén alumnado do IES de Foz.
Por outro lado, desde a Aula Universitaria da UNED de Foz tamén se está a ofertar o curso Muller. Falemos claro, que se celebrará do 11 ao 19 de decembro, de 18:00 a 20:30 horas, no Salón de Actos da Casas da Cultura de Foz e onde contarán con profesionais que abordarán diferentes temáticas dedicadas á muller. Para inscribirse no mesmo pode ser por vía telefónica (teléfonos 982.133.699 e 604.034.549) ou no correo electrónico foz@lugo.uned.es.
E para rematar o programa de actividades deste 25 de novembro en Foz, realizarase un ano máis o curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas os días 22 e 24 de xaneiro de 16:00 a 20:00 horas no IES de Foz, que estará monitorizado por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. A inscrición abrirase proximamente e poderase facer no teléfono de Servizos Sociais de Foz (teléfono 982.133.566).





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



