Julio Torrado advirte que “o problema non é puntual e as solucións non poden ser puntuais agardando a que pasen as cousas para logo intentar ir amañando”
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023. O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, esixiulle hoxe á Xunta que tome “intervencións decididas” para loitar contra a caída drástica da produción marisqueira. O responsable socialista lamentou o voto en contra do PP no Parlamento a unha proposta para reclamar intervencións combinadas por parte do goberno, incluíndo unha liña permanente de axudas e paros subvencionados para os sector.
Torrado advertiu que “o problema non é puntual e as solucións non poden ser puntuais esperando a que pasen as cousas para logo intentar ir amañando a ver se conseguimos titulares”. Advertiu que o sector do mar e do marisqueo están “desesperados” diante dun grave problema de caída da produción “reiterado, constante e permanente”, e urxe “celeridade, intervención e decisión dun goberno que ata o de agora foi incapaz”.
Sinalou que “levamos 15 anos recibindo datos de que as rías están esmorecendo”, o que provocou que Galicia pasara de 6.500 a 3.500 Permex, e advertiu que “os profesionais, os investigadores e os expertos no marisqueo saben das cousas que podemos facer e intervir”.
Reclamou un plan urxente que inclúa dragaxes regulares dos fondos, compra de semente ou o control do baleirado de encoros para evitar a caída drástica da salinidade, mentres a Xunta “fai de todo para non intervir” sobre as hidroeléctricas.
Tamén pediu unha liña permanente de axudas ao sector que permita axilizar os procesos nos paros obrigados polo estado das rías, así como un paro subvencionado de longa duración que permita a rexeneración da produción para abrir mellores perspectivas a medio e longo prazo.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



