Gueimunde atribúe as deficiencias no servizo á xestión do goberno local “que nos está levando a unha deriva sen precedentes” e alerta de que a grúa tampouco funciona correctamente “e pagamos os vados relixiosamente”
Viveiro, 21 de novembro de 2023. A voceira do Grupo Municipal de Viveiro, Mariña Gueimunde, recoñece que a xestión do Goberno local “nos está levando a unha deriva sen precedentes”. A popular fai esta valoración logo de que a alcaldesa recoñecese ao Pleno, como así se recolle na acta da sesión, que non ten previsto restablecer a curto prazo a quenda de noite da Policía Local nin mellorar o servizo para garantir a seguridade cidadá.
Por este motivo, é polo que Gueimunde lle pide á socialista “que traballe”, pois esta é unha competencia municipal e, en consecuencia, é obriga do Concello asegurar o seu funcionamento. Ademais, aclara, “para o incremento de persoal pódese empregar a taxa de reposición que xeraron as recentes xubilacións de persoal funcionario do Concello. É cuestión de priorizar ou querer facelo, non serven escusas”, afirma. Neste senso, a popular lembra que se chegou a esta situación porque no goberno anterior ó de Loureiro, tamen do PSOE, perdeuse precisamente esta taxa por non aprobarse nos orzamentos as tres prazas que se prevían e que nunca se volveron a recuperar.
Na actualidade o servizo conta tan só conta con 9 efectivos, logo da recente marcha dun compañeiro ao Concello de Lugo por mobilidade. Para a popular, “vese claramente que non só se desmantela o servizo de noite senón tamén o diurno”. Todo elo, apunta, “pola inoperancia do goberno local á hora de resolver o conflito entre o persoal e a xefatura, dado que a fuga de efectivos débense a esta cuestión e máis que se producirán se non se atalla o problema”, advirte.
As consecuencias desta política leva a que, se acontece un accidente en horario nocturno como sucedeu nas últimas semanas na variante, a pesares de seren unha competencia municipal no dispositivo despregado había bombeiros, 061, Policía Nacional, Protección Civil, Tráfico e tan só faltaba a Policía Local. E foron estes últimos efectivos os que posteriormente tiveron que asumir a investigación a pesares de non recoller as probas in situ, co trastorno que iso supón. “Estamos a falar dun tema moi serio”, remarca.
A voceira popular no Concello reclama a presencia dos axentes da Local polas noites: “Teñen que facerse visibles para disuadir aos que ás veces circulan a unha velocidade excesiva en moitos treitos do municipio, aos que ás veces axitan e amedrentan a outros cidadáns durante o ocio nocturno ou aos que molestan co ruído a altas horas. A Policía Local é un servizo ao que a cidadanía ten dereito, e a alcaldesa non o pode abandonar á súa sorte deixándoo totalmente maniatado pola súa falta de xestión para que estea perfectamente cuberto”, conclúe.
A GRÚA TAMPOUCO FUNCIONA CORRECTAMENTE
O servizo de grúa municipal tampouco se está a funcionar como debería. Na acta da sesión, recóllese como a rexedora afirma que a prestación presenta carencias por problemas de saúde dos traballadores da concesionaria. “Iso si, os veciños seguimos pagando os impostos correspondentes, pero se algún día precisamos entrar nos garaxes e non podemos polo estacionamento de vehículos diante dos vados, pois teremos que encomendarnos á sorte porque o Concello tampouco se preocupa por dar aos veciños este servizo”, critica a voceira do PP.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



