Antonio Ameijide explica que mentres noutras comunidades, como Asturias e Cantabria, disfrutan da gratuidade do servizo, en Galicia non, polo que é de xustiza ter un trato igualitario; ademais, de realizar as melloras necesarias nesta infraestrutura e impulsala de xeito decidido, “podería ser un elemento vertebrador e turístico de 1º grao na Mariña lucense”

_uwretouch
Lugo, 26 de novembro de 2023 O Grupo Provincial Popular defenderá no pleno do martes unha iniciativa para instar ao Goberno de España a impulsar a liña de ancho métrico entre Ribadeo e Ferrol, de xeito que se corrixan os agravios contra Galicia, e concretamente contra a provincia de Lugo.
O voceiro popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, considera que “mentres noutras comunidades, como Asturias e Cantabria, disfrutan da gratuidade do servizo, pero Galicia non: é de xustiza ter un trato igualitario; ademais de que se realicen as melloras necesarias nesta infraestrutura”.
Neste senso, Ameijide afirma que urxe outorgar a Galicia as mesmas medidas compensatorias anunciadas para Asturias e Cantabria para minimizar os prexuízos derivados do atraso na renovación dos trens da liña ferroviaria de ancho métrico que operan na nosa comunidade e que aseguran aos usuarios a gratuidade do servizo ata a entrega das unidades de trens pendentes no contrato en curso.
A realidade é que a provincia de Lugo está totalmente illada en materia de infraestruturas por parte do Goberno de Pedro Sánchez e “o ferrocarril é un exemplo moi claro. Non só non vai chegar a Alta Velocidade á provincia de Lugo, senón que tampouco se está potenciando como se debe as vías que temos, como o FEVE. De impulsarse de xeito decidido sería un elemento vertebrador da mobilidade na Mariña lucense e un aliado perfecto para o turismo na zona”, explicou.
Para corrixir os agravios e dotar á provincia dun servizo de calidade, ademais de garantir un trato igualitario para Galicia, é preciso “aprobar en 3 meses un plan de actuación para mellorar a calidade do servizo ferroviario entre Ferrol e Ribadeo, acompañado da necesaria modernización do material rodante na liña de ancho métrico co incremento de frecuencias que permitan atender adecuadamente a demanda de mobilidade dos usuarios”.
A realidade “é que non se está modernizando a vía, son frecuentes os cortes de vías, os atrasos, os problemas coas máquinas”, problemas que “son moi preocupantes e que seguen sen solucionarse por parte do Goberno do Estado”.
Antonio Ameijide é claro neste eido e afirma que “urxen solucións”. “Pedimos que se nos trate igual que ao resto de autonomías, polo que reclamamos a gratuidade, melloras nas infraestruturas e, sobre todo, un servizo de calidade que permita o transporte de viaxeiros por toda a Mariña lucense”, afirmou “farto do ninguneo e malos tratos sistemáticos de PSOE e BNG á provincia de Lugo”.























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



