O PSdeG pídelle á Conselleira de Infraestruturas “que deixe de mentir e de botarlle á culpa aos demais”, porque, “se ten paralizada a Vía de Alta Capacidade, é porque quere e porque castiga á Mariña”. O propio director da Axencia de Infraestruturas recoñeceu que non é prioritaria
Lugo, 14 de novembro de 2023. O PSdeG-PSOE defende no Parlamento de Galicia os intereses dos veciños e veciñas da Mariña esixíndolle á Xunta prazos e orzamentos para desbloquear e acometer a Vía de Alta Capacidade Costa Norte. Desta forma, por un lado, a Deputada Patricia Otero reclamaralle ao Goberno galego no vindeiro Pleno da Cámara previsións concretas para as obras e, por outro, nos vindeiros días os socialistas rexistrarán emendas ao Orzamento 2024 para que, entre outros investimentos para a provincia de Lugo, inclúa partidas económicas suficientes para acometer esta infraestrutura estratéxica, pola que nos últimos preto de 15 anos o Partido Popular non fixo nada.
De feito, os únicos tramos executados –as variantes de Xove e de Ortigueira- son froito da xestión do PSdeG, a garantía de que cando Besteiro presida a Xunta lle dará prioridade e será a primeira obra que acometa, tal e como se comprometeu.
Así mesmo, O PSdeG pídelle á Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, “que deixe de mentir e de botarlle á culpa aos demais”, porque, “se ten paralizada a Vía de Alta Capacidade, é porque quere e porque castiga á Mariña”. De feito, o propio director da Axencia Galega de Infraestruturas recoñeceu recentemente nunha resposta a Patricia Otero no Parlamento que a VAC Costa Norte non é prioritaria para a Xunta.
“Se a Conselleira se aplicase o conto, daría prazos e orzamentos”
“Se a Conselleira fose responsable e se aplicase o conto daría prazos e orzamentos para a VAC Costa Norte, diría cando e canto, como ela está permanentemente esixindo cos trens Avril, coa ponte do Castro ou coa A-54”, subliñan os socialistas, incidindo en que, coas emendas dos socialistas aos Orzamentos “teñen a oportunidade de rectificar”.
A Vía de Alta Capacidade Costa Norte, anunciada polo Goberno presidido por Fraga e con Xosé Cuíña como Conselleiro en 2001, tiña que ter rematado en 2007, pero foi abandonada nun caixón ata que chegou o Goberno presidido polo socialista Pérez Touriño, que licitou os únicos dous tramos rematados ata o momento: A variante de Xove, en Lugo, inaugurada en 2017, e a variante de Ortigueira, inaugurada en 2013.
Dende entón, o PP tena parada porque ano tras ano consigna partidas económicas nos Orzamentos da Xunta que nunca executa. En vez de desbloquear os 9 tramos que aínda quedan pendentes, o Goberno galego trata de responsabilizar á Alcaldesa viveirense, que tivo que adaptar o PXOM á modificación imposta pola Xunta e coa que racharan o consenso no proxecto orixinal para a Ponte de Viveiro.
Este abandono da Xunta implica “seguir marxinando ás comarcas da Mariña Occidental e de Ortegal, deixándoas cunhas vías de comunicación deficientes, que atravesan moitos núcleos de poboación e cun trazado moi antigo”.
A VAC Costa Norte é unha infraestrutura fundamental para a vertebración e a conectividade da Mariña e de Ortegal, pero está totalmente abandonada e esquecida pola Xunta, como demostran os retrasos inxustificados e a escasa dotación orzamentaria, que, ademais, nin sequera executa.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



