Será o sábado e domingo de 11h a 14 – Con Sentidiño (rúa Ramón González, 24)
Ribadeo, 14 de novembro, 2023. Todas as persoas usamos moitas cousas e roupa. Mercamos moito máis do que precisamos. Xeramos unha chea de residuos téxtiles, electrónicos e plásticos que acabarán esquecidos nun contedor.
Temos a responsabilidade compartida de mudar ese modelo lineal de consumo nun modelo de consumo circular. Busquemos formas para darlle unha segunda vida ao que nós xa non precisamos!!
O I Mercadiño de Troco pretende fomentar a cultura participativa e de intercambio dentro dun ambiente de convivencia e solidariedade como alternativa ao conceptos de compra e venta que nos atormentan.
Neste I Mercadiño de Troco tés a oportunidade de intercambiar o que ti xa non usas, non che serve ou deixou de gustarche por algo que precisas, que queres renovar ou incluso regalar.
Deste xeito conseguiremos de forma conxunta tres obxectivos principais:
-Educar no consumo responsable.
-Evitar a sobreexplotación dos recursos naturais e humanos para protexer ao planeta e ás persoas.
-Reducir os residuos alongando a vida útil dos produtos.
Este Mercadiño de Troco é unha iniciativa conxunta de Con Sentidiño e O Ferrado Marelo.
Todas e todos somos responsables do cambio!
Normas do I Mercadiño de Troco
Este Mercadiño está enfocado á roupa de inverno de todas as idades e a xoguetes e enseres infantís e do fogar.
Terá lugar en Con Sentidiño os días 18 e 19 de novembro de 11:00 a 14:00 horas.
O venres 17, a partir das 17:00 horas pódense depositar os obxectos/roupa en bo estado no Ferrado Marelo, ou ben, a partir das 11:00 horas do sábado en Con Sentidiño.
Os obxectos depositados serán clasificadas en 4 seccións segundo o seu valor:
MESA LARANXA – Valor 1 – bufandas, camisetas, guantes…
MESA MARELA – Valor 2 – roupa en xeral…
MESA ROSA – Valor 3 – abrigos, enseres do fogar
MESA VERDE – Valor 4 – Especiais…(electrónica)
Ao depositar as prendas ou obxectos entregaranse vales de cores en función do valor dos obxectos depositados, que funcionarán a modo de moeda de troco e que permitirán levar un control das cousas que precises levar, para que o intercambio sexa equilibrado.
No peche do mercadiño
As persoas que deixaran cousas no mercadiño que non cheguen a ser trocadas poderán optar por estas dúas alternativas ao remate do mercadiño:
-Recoller e levar de volta o seu.
-Doar as súas cousas a diferentes entidades con fins sociais e protectoras de animais co fin de colaborar cos seus proxectos.
Non se permitirán obxectos perigosos para o troco. Establécese un límite de 12 obxectos entregados para o troco.
Para participar no mercadiño hai que vir con bo humor e ganas de crear comunidade para propiciar un ambiente cómodo e agradable para todas as persoas que se acheguen.
A participación no mercadiño supón a aceptación destas normas.