O Pescados Rubén Burela FS sofre os 40 minutos ante un AE Les Corts-UBAE cunha defensa moi sólida
Burela, 2 de decembro, 2023. Esta mañá ás 11.00h no Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela xogábase a 12ª xornada da Primeira Division Iberdrola FS, Pescados Rubén Burela FS – A.E. Lles Corts-UBAE, primeiro partido emitido por Teledeporte da 1ª División Iberdrola FS. Presidido polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares; o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro; a alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno e o vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto; ante un Vista Alegre con arredor de 800 espectadores, tivo lugar un encontro moi competido no que as Guerreiras Laranxas, sen Emilly que viaxou a Brasil convocada coa súa selección para xogar os amigables ante a Selección Colombiana do 1 ao 3 de decembro, e sen Rafinha, que sofre molestias na espalda; sufriron durante os 40 minutos de xogo ante un Lles Corts que demostrou que esta tempada vén escalar na táboa clasificatoria.
Na primeira parte comeza dominando o Burela con 3 oportunidades nos primeiros 5 minutos con dous paradóns dunha Ángela que destacou moi notablemente neste partido. Cun Lles Corts que comeza máis tímido pero defendendo moi ben a súa cancha, no minuto 9 Laura consegue o 0-1 nunha contra tras un roubo nun pase de Antía Pérez en media pista. Tras este primeiro gol do equipo visitante comeza a verse un partido máis igualado, no que o Burela vese afectado por ese tanto en contra ao comezo do xogo. No minuto 12 Patricia non logra exceder de novo a Ángela nunha oportunidade clara de gol. E chega o empate no minuto 17 con gol de Irene Samper nun saque de falta de Cilene. Cando parece que chega o descanso co marcador 1-1, chega o segundo do Pescados Rubén cun remate de Cami ao segundo pau nun pase de Irene Samper.
Na segunda parte sae a portería Jozi Oliveira xunto coas mesmas 4 xogadoras do quinteto inicial. No minuto 22 comeza Irene Samper cunha clara que detén a porteira do conxunto catalán nun remate tras un saque de corner. No minuto 29 gol de Laia tras unha recuperación e contraataque de Laura. No minuto 31 a capitá do conxunto laranxa, Dany case consegue adiantar o marcador nun rexeite que non deixa pasar unha vez máis Ángela. Comeza a atacar con Cilene como porteira-xogadora o conxunto de Julio Delgado. E chega o 3-2 no minuto 37 cun golazo de Cami en un disparo raso afastado que se coa entre os pés da defensa catalá. Remata o encontro coa presión do xogo a cinco por parte do conxunto rival que non logra empatar o partido.
Aínda que moi sufrido pero ofrecendo ás cámaras de Teledeporte un partido moi emocionante, tres puntos máis para o Pescados Rubén Burela FS que continúa invatible durante o que vai desta tempada 23/24. Na próxima xornada as Guerreiras Laranxas enfrontaranse, nun competido encontro, ao terceiro clasificado (á espera do resultado de hoxe), o MRB Móstoles FSF, que se enfronta ao Castro esta mesma tarde.
Ficha Técnica FSF Pescados Rubén Burela FS – A.E. Les Corts-UBAE
Pescados Rubén Burela FS (3): Caridad; Cilene, Cami, Irene Samper, Patricia -quinteto inicial-, Irene, Dany (C), Antía Pérez, Claudia, Aroa, Noelia Montoro, Jozi Oliveira (P). Entrenador: Julio Delgado.
A.E. Les Corts-UBAE (2): Ángela; Luci, Peña, Aina, Martita -quinteto inicial-, Irati, Laura, Laia, Kris, Helena, Paula, Laura. Entrenador: Robert Caneda – “Rober”
Goles: 0-1, min.9: Laura. 1-1, min.17: Irene Samper. 2-1, min.20: Cami. 2-2, min.29: Laia. 3-2, min.37: Cami.
Árbitros: Lidia Crespo Pardo, Tania Penabad Canel, Eloy Bello Gómez, Andrea de Luis Iglesia.
TA: Lino Gil Gil.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



