Os primeiros partidos do torneo serán na fin de semana do 7 xaneiro, coa fase previa para equipos de segunda e terceira masculina
Lugo, 12 de decembro de 2023. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo patrocina unha ano mais a Copa Deputación de Fútbol, na que participarán 88 equipos de 1ª e 2ª División Feminina, Preferente Autonómica Masculina, Primeira, Segunda e Terceira Autonómica Masculina.
A competición, que comezará o 7 de xaneiro, ofrece aos equipos a posibilidade de participaren nunha competición de ámbito provincial, con alicientes competitivos diferentes aos das ligas, ao tempo que supón unha inxección económica para os clubs, xa que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo premia os equipos por cada eliminatoria xogada (entre 385 e 600 euros) e concede unha contía adicional para os equipos campións e subcampións ( entre 3.000 e 5.000 euros).
Efrén Castro sinalou que “o patrocinio desta competición responde ao compromiso da Vicepresidencia da Deputación co tecido deportivo, ao que se ofrece apoio económico con distintas liñas de axuda e tamén oportunidades para competir e seguir formando xogadoras e xogadores” e lembrou que “ao longo do ano se celebran tamén competicións de ámbito provincial noutras disciplinas como o baloncesto, o atletismo ou piragüismo con ese mesmo obxectivo”.
O vicepresidente da Deputación valorou tamén “a contribución destes torneos á dinamización das localidades que acollen os encontros, xa que o fútbol é un deporte que conta con moitas persoas afeccionadas”
Calendarios
Liga Galega 1 División Feminina e Liga Galega 2 División Feminina
(10 equipos)
Fase Previa: 11 de febreiro
Cuartos de final: 28 de marzo
Semifinais: 2 de xuño
Final: 9 de xuño
Preferente Autonómica e Primeira Autonómica Masculina
(22 equipos)
Fase Previa: 11 de febreiro
Octavos de final: 28 de marzo
Cuartos de final: 1 de maio
Semifinais: 26 de maio
Final: 2 de xuño
Segunda e Terceira Autonómica Masculina
(56 equipos)
Fase Previa: 7 de xaneiro
Dezaseisavos de final: 11 de febreiro
Octavos de final: 28 de marzo
Cuartos de final: 1 de maio
Semifinais: 2 de xuño
Final: 9 de xuño
Os cadros e horarios publicaranse que na web da Federación Galega de Fútbol www.futgal.es)
Entrada libre para os afeccionados
O acceso aos encontros será libre para as afeccionadas e afeccionados que queiran acudir.
Categorías de base
A Copa completarase, como nas últimas edicións, coas categorías de base, desde prebenxamín ata xuvenil, que xogarán máis avanzada a temporada, en datas aínda por concretar.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
