(…) Persoas con discapacidade, ¡abre a muralla!/
Estado federal, ¡pecha a muralla!/
Límite de gasto, ¡abre a muralla!/
Referendo, ¡pecha a muralla!/ (…)
A canción da muralla, de Víctor Jara, acaroada á Constitución española, dá pé a coros como o de arriba. Remata de abrirse, hai uns días, un proceso rápido para un pequeno cambio, dunha soa verba, na Constitución. Cambiaron os tempos e as ideas, e a verba considérase ofensiva ou algo semellante. Non me paro en que o sexa ou non, senón no feito do cambio. Un proceso no que o pobo, a xente, nós, non é que teñamos ou non que dicir, senón que, polas canles democráticas, será como se non tiveramos nada que dicir. Peor. Xeneralizando, é como se a Constitución fora cousa dun par de grupos sen relación coa votación popular e algo que se pode cambiar de xeito sinxelo.
Por outra banda, a vontade dalgún outro cambio ofrécese como algo imposible, porque a Constitución entón parece ser algo que non muda, e polo tanto, inmutable por nós, simples mortais.
Unha lei magna de dúas faces. Unha, a Constitución que impón o ser a lei básica, por riba de toda norma e ata case por riba de si mesma, e outra, a constitución, sen maiúscula, que se pode cambiar a gusto do consumidor adecuado. Ambas posturas teñen un punto en común: nin nunha nin na outra a xente contamos, unha vez expresado o voto inicial ó conxunto (imposible facelo apartado a apartado) de xeito favorable por algunha parte da xente vai para medio século: ‘o que se dá, non se quita’ cando convén.
Iso de que non se quita inclúe tamén a interpretación, claro. Ó fin, todo o mundo sabe que as leis hai que interpretalas, e os encargados de facelo -‘separación de poderes’?- non ten por que ser neste caso quen as votou.
Visto así, parece o tema dun secuestro. Un no que, ademais, a xente vese compelida a desenvolver un sentimento de agradecemento ós secuestradores por telo efectuado, a modo dunha ‘síndrome de Estocolmo’ tradicional. Secuestro, por outra banda, dunha vontade que por sorte ou por desgraza (de todo hai) é cambiante. Un cambio equivalente ó que fixo posible a revolución francesa, pero tamén ó que facilitou a chegada de Hitler ó poder absoluto en Alemaña. Un cambio que se tenta forzar cando a determinados poderes non lles gusta a situación, mentres se tenta evitar e se reprime cando a situación lles é favorable sen cambios.
Isto é a vida. Pero, non pode ser desenvolta algo mellor do que o é?




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



