No Parque de Bombeiros de Vilalba incorporáronse tres traballadores, pero un deles ausentouse para ir ao médico, quedando así tamén dous efectivos. Ante esta situación, e atendendo á premisa de dar cobertura á maior zona e poboación posible, o Consorcio comunicou xa ao servizo 112 que os dous efectivos de Viveiro desprazáronse a Vilalba para prestar servizo na xornada de hoxe, e que as incidencias do parque viveirense atenderanse dende Vilalba e Barreiros.