O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, presidiu en San Marcos o acto no que asinou a excedencia de Marta Rouco, tras tomar posesión como Alcaldesa de Vilalba, e designou a Julia Vázquez Silvarrey como nova xerente do Consorcio, e Carmen Lage como coordinadora dos parques, ambas empregadas públicas da institución provincial
Lugo, 15 de decembro de 2023. O Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento renovou este venres a súa xerencia e coordinación nun acto que presidiu na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos o Presidente da propia entidade e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado pola Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e coa presenza do Secretario Xeral da institución provincial e do Consorcio, José Antonio Mourelle Cillero.
A que foi ata hoxe a xerente, Marta Rouco, asinou a súa excedencia tras tomar posesión hai dous meses como Alcaldesa de Vilalba. Así mesmo, o Presidente designou como nova xerente do Consorcio a Julia Vázquez Silvarrey, e como coordinadora dos Parques de Bombeiros a Carmen Lage, ambas empregadas públicas da Deputación de Lugo.
O Presidente deu as gracias a Rouco polo seu “traballo e esforzo” no Consorcio e desexoulle “o mellor” na súa etapa como rexedora, ao tempo que agradeceu a Vázquez Silvarrey e Lage a súa total disposición á nova responsabilidade que lles encomendou e cominounas a que desenvolvan o mellor labor posible.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



