Os deputados populares defenden que “Alcoa cumpra o acordo: os seus compromisos de investimentos para garantir a continuidade da produción de aluminio e dos postos de traballo da planta na Mariña”
Lugo, 13 de decembro de 2023. O portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, e o viceportavoz e alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, mantiveron este mércores unha reunión con representantes do comité de empresa de Alcoa para escoitar de primeira man a súa situación ante as últimas noticias que chegan da multinacional e a unhas semanas do inicio do 2024, a data prevista para a reactivación das cubas de aluminio, segundo o acordo asinado en setembro do 2021.
Atendendo ás peticións do comité de empresa, os populares propoñen que a Deputación de Lugo aprobe unha declaración institucional en apoio aos traballadores de Alcoa. De feito, os deputados trasladaron o seu “apoio absoluto aos traballadores da planta”.
Ameijide remarca que “esta planta é un importante motor económico non só para A Mariña; senón tamén para a provincia” e, polo tanto, “temos que traballar para que este motor non pare”. Así, “esiximos que Alcoa cumpra o acordo: os seus compromisos de investimentos para garantir a continuidade da produción de aluminio na Mariña e dos postos de traballo”.
Os deputados do Grupo Provincial Popular convidan ao PSOE e BNG a “remar de forma conxunta” e “lanzar unha mensaxe de unidade e apoio aos traballadores aprobando, de forma consensuada, unha declaración institucional no vindeiro pleno”. Porque “en asuntos coma este todos debemos ir da man en defensa dun interese ou obxectivo común”.



















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



