O Grupo Municipal Popular lamenta que a alcaldesa de Burela “antepoña os intereses dunha empresa privada aos dos veciños e veciñas da nosa vila”
Burela, 13 de decembro de 2023. O Grupo Municipal Popular lamenta que a alcaldesa de Burela “antepoña os intereses dunha empresa privada aos dos veciños e veciñas da nosa vila”. Así o manifestan os populares trala celebración dun pleno extraordinario no que o goberno bipartito (PSOE-BNG) acordou conceder unha prórroga anticipada á actual concesionaria do servizo de abastecemento de auga e saneamento de Burela, en lugar de sacar un concurso público.
Os populares condenan esta decisión porque “prexudica claramente ao Concello de Burela; xa que o canon que está a abonar a concesionaria é moi inferior ao que están a abonar en concellos da zona con características similares que si renovaron recentemente o contrato da prestación deste servizo”.
Concretamente, os concelleiros do PP advirten que “o Concello deixa de percibir -en comparación cos últimos contratos adxudicados na zona para concellos de similares características- arredor de 140.000 euros con respecto ao que percibe na actualidade polo canon do servizo”. E, para os populares, “é unha mágoa que pola incapacidade deste bipartito, Burela non dispoña dese diñeiro que podería reverter en beneficio de Burela e os nosos veciños como por exemplo nas asociacións, nas familias en risco de exclusión social, na RPT do Concello, etc.”.
Dende o PP explican, ademais, que “ao non sacar novo concurso público o goberno local non se ve capaz de marcar as obras que debe executar a actual concesionaria á que se lle renovou o contrato, algo que se podería facer a través dun novo concurso público ao que puideran concorrer múltiples empresas”.
“A falta de previsión para sacar a tempo un concurso público que sería o máis vantaxoso para a nosa vila e, ademais, tamén o máis transparente, deixa unha vez máis en entredito ao goberno bipartito de Burela”, consideran os populares que, ademais, condenan “o posicionamento do BNG”. Os nacionalistas “pasaron de defender fai uns meses a municipalización do servizo no seu programa electoral a defender agora unha empresa de gran capital para a renovación deste servizo básico para Burela”.
NOVOS ERROS NA DOCUMENTACIÓN QUE ASINA A ALCALDESA
Os populares condenan tamén, unha vez máis, “a asombrosa falta de capacidade de traballo” do goberno bipartito como demostra o feito de “ser a enésima vez que o bipartito leva a pleno unha proposta de alcaldía que contiña erros: citaba ordes que non existen”. E custoulles moito facer os cambios requiridos ante as advertencias do Grupo Municipal Popular.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



