Ribadeo, 18 de decembro de 2023. Ribadeo contará cun miradoiro na desembocadura da ría, no que conxugará verde, pedra e madeira. Os traballos xa deron comezo.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos traballando e colaborando con todas as administración. Nosoutros, sempre o dixemos, que había que estar na xestión de recursos para Ribadeo. Neste caso o goberno do Estado, a través de Costas, ao que lle quero agradecer toda a colaboración que desde primeiro momento mostrou con Ribadeo e ao seu xefe provincial, José Miguel Esteban, por esa axuda constante e tamén por trasladar propostas, como fai constantemente”.
O rexedor explicou que “nesta ocasión, cando nós chegamos ao goberno local, explicounos que había a posibilidade de facer un miradoiro na desembocadura da ría de Ribadeo, ao lado do Cargadoiro, que conxugara verde, pedra e madeira, que son elementos que unen e combinan perfectamente e convertelo nun espazo turístico desde o que poidamos contemplar, observar a nosa ría”.
Vega subliñou: “isto é o que se conseguiu, unha xestión moi importante para seguir mellorando as contornas verdes, un dos pulmóns de Ribadeo. Nos, cando estabamos na oposición, xa trasladabamos esta mesma proposta ao goberno municipal anterior no pleno, onde votaron en contra”. E indicou que “nos seguimos con ese traballo constante, con esa teima de seguir facendo cousas para mellorar Ribadeo e nese mesmo discurso que entre todos podémolo facer, sen lugar a dúbidas. E traballar conxuntamente coas administracións, neste caso con Costas, a cuxo xefe provincial lle agradezo todo o traballo e dedicación. Queremos seguir nesta liña de xestión, inversión para mellorar Ribadeo”.
Estímase que as obras de construción deste miradoiro rematarán o vindeiro mes de febreiro.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



