Ribadeo, 29 de decembro de 2023. O alcalde, Dani Vega, subliña que a campaña da Pancha é líder no comercio en Galicia e un referente claro no conxunto do mapa español.
O rexedor dixo que “a campaña de Pancha é líder dentro do comercio de Galicia. É unha das campañas máis importantes de todo o conxunto do mapa español e nós desde o Concello estamos moi satisfeitos e imos seguir potenciando unha campaña que ten unha consecuencia directa dentro da estrutura económica local”.
Vega manifestou: “tamén queremos agradecerlle a Acisa toda a súa colaboración e así entre todos imos seguir potenciando unha campaña que realmente ten unha consecuencia directa dentro da nosa estrutura económica”.
O alcalde contou que “3.400 foron as operacións realizadas coa moeda local cun aforro directo para cada consumidor de máis do 33%. Este é un dato significativo, un dato moi importante e hai que explicalo. Foron máis de 100 establecementos os que se adheriron a esta campaña, estamos a falar de comercio, de hostalería, do sector servizos, que é unha parte económica moi importante dentro da estrutura da vila”.
Dani Vega adiantou que “nos seguiremos a incrementar o orzamento destinado á Pancha. Este ano foron 80.000 euros, nas vindeiras campañas incrementaremos esta partida, porque é unha campaña que ten unha consecuencia directa no comercio, na hostalería e nos servizos. É dicir estamos a reforzar a estrutura económica de Ribadeo”.
E engadiu: “a valoración é moi positiva. Son campañas que teñen unha incidencia moi importante e polo tanto ata o 31 de decembro aínda se pode facer uso da Pancha. Quedan unhas 7.000 pendentes de gastar. O obxectivo era claro e conseguiuse. O lema era Que o noso quede en ti e iso conseguiuse. A Pancha é un éxito no comercio en Galicia, pero xa é un referente claro no conxunto do mapa español”.
A edición deste 2023 tivo un retorno de máis de medio millón de euros para o comercio e a hostalería, segundo os datos que manexa o Concello de Ribadeo. As 200.000 Panchas que se puxeron en circulación o pasado 15 de outubro esgotáronse.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, destacou “a importancia que ten para os negocios locais a campaña da Pancha. Implica que a veciñanza siga a apostar polos comercios e pola hostalería local durante máis de dous meses e sobre todo nestas datas de Nadal nas que nos atopamos. O que ofrece o comercio local non podemos atopalo noutras grandes plataformas de venda online. Aquí temos un trato e asesoramento personalizado, aquí podemos ver e tocar os produtos e non esquezamos que nas tendas e na hostalería local traballan veciñas e veciños de Ribadeo e da contorna. E iso debemos telo moi presente”.
E tivo palabras de agradecemento para o Concello de Ribadeo: “estamos contentos de poder colaborar desde Acisa co Concello nesta importante campaña. Agradecemos o traballo realizado e agardamos seguir nesta liña en futuras edicións”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


