Lugo, 10 de xaneiro de 2024. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reiterou hoxe ante a Xunta Directiva Provincial do PP de Lugo a necesidade de continuar ofrecendo estabilidade a Galicia e o seu compromiso de seguir traballando por mellorar o día a día dos lucenses, incidindo en que “non hai nada gañado”. Neste senso destacou a entrada en vigor esta mesma semana de novidosas medidas como a cota cero para os autónomos que inicien a súa actividade este ano 2024 ou o Bono Deporte.
Dúas cuestións que tiveron unha gran acollida por parte dos seus beneficiarios, especialmente as familias con fillos de entre 6 e 16 anos federados que teñen desde este luns á súa disposición unha axuda de 120 euros para a realización de actividades deportivas ou a adquisición de equipamento en preto dun cento de establecementos de toda a provincia de Lugo.
Pola súa banda, a presidenta provincial quixo trasladar na súa intervención o “apoio incondicional” do partido na provincia ao presidente Alfonso Rueda: “Lugo sempre traballou e desta volta non será menos”.
Elena Candia salientou tamén que o PP, e a diferenza doutras formacións, ten “unha estrutura unida que, por riba de todo, fixa o obxectivo en dalo todo para que os galegos e, en consecuencia, os lucenses teñan estabilidade e certezas”.
“O PP coloca á súa xente polo interese dos cidadáns, non polos intereses personalistas dun candidato que o único que lle preocupa son el mesmo e Pedro Sánchez”, concluía ao tempo que prometía unha campaña “auténtica” que “fale ao corazón da xente e aborde as súas preocupacións reais sen discursos baleiros”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



