O titular de Mar destaca que se continúa reforzando os operativos despregados pola administración autonómica que, proximamente alcanzarán as 300 persoas, que hoxe reforzarán os traballos de recollida e limpeza en máis de 30 concellos afectados
Sanxenxo, 10 de xaneiro do 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, instou ao Goberno central a deixar as escusas e reclamou que actúe unha vez que xa foi elevado a nivel 2 a alerta do Plan Camgal (Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia) por parte da Xunta, exixencia sen a cal o Executivo estatal negábase a intervir. O responsable autonómico fixo estas manifestacións, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e polo patrón maior de Portonovo e o vicepatrón de Sanxenxo durante a visita á rula de Portonovo na que tamén transmitiu tranquilidade ao sector pesqueiro.
Alfonso Villares destacou que a Xunta continúa monitorizando a situación a través do 112 e que xa son máis de 200 efectivos os despregados pola administración autonómica para reforzar os operativos dos concellos afectados pola chegada de pellets plásticos ao litoral. Sinalou que hoxe estábase actuando en máis de 30 concellos afectados e subliñou ca previsión é alcanzar proximamente a barreira de 300 entre persoal de Gardacostas de Galicia, axentes medioambientais e brigadas de Tragsa e Seaga. Un esforzo que contrapuxo coa pasividade amosada ata o momento polo Executivo central ao cal requiriu a comezar a poñer medios para atallar a vertedura desde o mar e así evitar cos restos de material cheguen as praias.
O conselleiro recordou que o Estado era o único que tiña coñecemento desde o día 8 de decembro do acontecido en augas portuguesas, a pesar do cal, continúa sen activar o Plan Marítimo Nacional nin o Plan Ribera. Pola contra, resaltou que o Goberno galego comezou a traballar de xeito inmediato activando o Plan Camgal e poñendo en marcha operativos de vixilancia e limpeza na costa. Nesta liña recordou que o plan autonómico xa recolle, en virtude da colaboración interadministrativa, a posibilidade que se mobilicen recursos non adscritos a dito plan en materia de loita contra a contaminación, salvamento marítimo e seguridade no ámbito pesqueiro. Por ese motivo, cualificou de “escusas” as xustificacións trasladadas polos ministerios de Transporte e Mobilidade Sostible e de Transición Ecolóxica á vez que destacou que Galicia non solicita axuda para exercer as súas propias competencias senón que reclama o Goberno central exerza as súas nese ámbito.
Apoio aos concellos
Alfonso Villares agradeceu o esforzo realizado polos concellos costeiros afectados no marco das súas competencias á vez que puxo en valor a súa actuación na posta en marcha de operativos para proceder dunha forma áxil e eficaz a retirar estes materiais dos areais. O responsable autonómico, acompañado por membros do goberno local, puido coñecer de primeira man o dispositivo despregado polo Concello de Sanxenxo que incluíu a utilización de drons por parte da policía local co obxectivo de detectar desde o aire a presenza de sacos de pellets na costa. O conselleiro trasladou o apoio e compromiso da Xunta ás administracións locais de seguir reforzando os recursos para acometer eses traballos.
Sector pesqueiro
Por outra banda, o titular de Mar enmarcou esta visita na rolda de contactos que se está a manter co sector pesqueiro que está colaborando nas tarefas de limpeza nas diferentes zonas afectadas nas que se está retirando os pellets plásticos xunto con outros materiais que alcanzan o litoral. Tamén chamou a calma e á responsabilidade así como transmitiu unha mensaxe en defensa da seguridade e calidade dos produtos pesqueiros enxalzando o traballo de promoción do consumo destes alimentos levado a cabo da man dos profesionais da mar poñendo en valor os seus beneficios para saúde. Un labor que non debe ser eclipsado por esta vertedura puntual sobre a que se está actuando para limitar ao máximo o seu impacto medioambiental.



















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



