A actuación terá lugar este sábado día 13 ás 20:30, e nela, o grupo pertencente á Asociación de Adultos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro amosará o seu variado repertorio de pop rock
Viveiro, 10 de xaneiro de 2023. O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Educación, organiza en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Viveiro o ciclo de concertos “Música nas parroquias”, que ten por finalidade levar a diferentes agrupacións do Conservatorio por todo o municipio.
O concelleiro Jesús Fernández Fernández destaca “o compromiso do Goberno local con levar a cultura por todas as parroquias con programas como este, que encherá Viveiro da mellor música”.
A alcaldesa, María Loureiro, sinala pola súa banda que o ciclo pretende tamén “promocionar e impulsar aos e ás artistas musicais viveirenses, visibilizando o seu enorme talento”.
O ciclo comeza este sábado día 13 de xaneiro, ás 20:30 na Casa do Forno de Celeiro. Actuará o grupo de música pop rock Brétema Band, pertencente á Asociación de Adultos do Conservatorio, presidida por Mario Vale.
Brétema Band é un grupo composto por antigos músicos da Banda Municipal de Viveiro, da Orquestra Variedades e de diferentes agrupacións da Mariña, ademáis de por músicos amateurs. Ten un repertorio musical moi variado, onde está presente a música dos anos 60, 70 e 80, ademáis da música das antigas orquestras de baile.
O conxunto está dirixido por Lino Rico Fernández e conta como vocalistas con Pedro Cora e Mario Vale. A súa formación consta tamén de teclados, guitarra, baixo, dúas trompetas, saxo alto, saxo tenor, trombón, batería e percusión.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



