Burela, 20 de xaneiro, 2024. Este venres á noitiña, no auditorio da Casa da Cultura, houbo un acto de presentación da adhesión do Concello de Burela á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde, unha iniciativa dentro do Plan Estratéxico de Saúde Nacional
Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Sanidade cuxa finalidade é promocionar a saúde, a realización de actividade física, manter unha alimentación adecuada e previr enfermidades, co obxectivo de gañar anos de vida para a poboación e desenvolver estilos de vida máis saudables.
“A Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención propón o desenvolvemento progresivo de intervencións identificadas como boas prácticas e baseadas na evidencia científica”, explica a alcaldesa, Carmela López
“Saúde en Todas as Políticas é un enfoque de saúde pública que toma en conta, de maneira sistemática, as implicacións das decisións sobre a saúde, busca sinerxias, e evita impactos negativos sobre a saúde, co obxectivo de mellorar a saúde da poboación e a equidade en saúde”, engade López.
“A partir de xa crearemos unha mesa de traballo onde todos os veciños e veciñas de Burela se vexan representadxs e un mapeo de todos os recursos de saúde cos que conta a nosa vila: rutas, cursos, servizos… para que cada un de vós sexa coñecedor de todos os lugares e actividades que contribúen á saúde e ao benestar na nosa vila”, remata a alcaldesa.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



