A Dirección Xeral de Pesca avoga para o abadexo que se acumulen as cotas das zonas 8C, de Fisterra para arriba, e 9A, para abaixo, e se analice a posibilidade de solicitar a deriva de posibilidades de pesca non consumidas desta especie noutras áreas
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2024. A Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica ven de presentar alegacións contra os recortes que establece nas súas últimas resolucións a Secretaría Xeral de Pesca (SXP) polas que ordena as pesquerías do abadexo e das raias. Estas decisións do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación trasladan os recortes das cotas de capturas que para estas especies se decidiron no pasado Consello de Ministros de Pesca da UE, polo que desde a Consellería do Mar elévanse argumentos para tratar de limitar o impacto na frota galega.
No caso do abadexo, desde a dirección xeral que pilota Antonio Basanta sinálase que a xa baixa cota inicial de 70.000 quilos establecida para 2024 e 2025 para a zona 8C (de Fisterra para arriba e o Cantábrico) vese reducida polo rebasamento do ano pasado a so 55.765 quilos. Alégase, sen embargo, que a Secretaría General de Pesca establece na resolución que en base á evolución dos consumos se podería engadir a porcentaxe que se determine da cota de España de zonas como a 9A (de Fisterra cara abaixo), respectando as necesidades da frota autorizada nesas zonas. O ano pasado sobraran nese zona 20.000 quilos, e tralo recorte do 53% para este ano, a 93.000 quilos, as posibilidades de capturas quedan nos 113.800.
Desde a Xunta reclámase a acumulación de ambas cotas e o análise de posibilidades a futuro para derivar posibilidades de pesca non consumidas de abadexo en outras zonas.
Tamén se alega fronte ao segundo punto da resolución, que establece topes de capturas para as zonas 8C e 9 de 10 quilos/buque para o palangre de fondo e de 5 quilos/barco para o resto de modalidades. Considérase desde Galicia que non se axusta ao consumo maioritario da cota de abadexo en Galicia, pois nos últimos 10 anos correspóndese coas artes menores (1.718.765 quilos), seguido do palangre de fondo (575.936 quilos) e a volanta (354.832 quilos acumulados). Reclámase, por tanto, axustarse á dependencia de cada frota dada a moita maior importancia que se reflicte para as artes menores.
Por último, tamén se alega ao proxecto de resolución da Secretaría General de Pesca porque marca que os topes de captura serán de aplicación desde a data de publicación da mesma ata a entrada en vigor da de 2025, cando o oportuno tería sido facelo con aplicación desde o 1 de xaneiro de 2024. Por iso reclámase maior celeridade e, a futuro, optimizar a xestión do abadexo para evitar situacións de consumo que poñan en perigo a consecución do alcance anual desta cota e unha planificación ordenada por parte do sector.
Raia e raia mosaico
No caso raia, as alegacións da Dirección Xeral de Pesca parten da cota inicial de 1.724.000 quilos para as zonas 8 e 9 das augas da UE este ano, cunha reserva do 2% para evitar posibles rebasamentos ou para utilizala en intercambios con outros Estados membros. Sinálase que esta reserva, por partir de cotas xa moi reducidas e limitadas e que no caso da raia mosaico mesmo se considera pesca accesoria, non é adecuada nin proporcional, especialmente se a pretensión é utilizala para intercambios. Para este fin, conclúese, e mellor dedicar ao 2% de reserva con outras especies.
Sobre a raia mosaico (limitada a súa pesca a 25.000 quilos e de forma accesoria) e os topes de capturas alégase que non se explicitan razóns para situalos entre 5 e 10 quilos por buque e día dependendo das distintas áreas e modalidades de pesca -que entenden pouco apropiadas-, reclamando así as aclaracións pertinentes.
Por último, e ao igual que ocorre co abadexo, desde a Consellería do Mar demándase de novo máis celeridade nas resolucións que afectan a estra especie para propiciar o mellor desempeño por parte da frota que captura raia.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



