A entrega dos galardóns será o próximo 25 de xaneiro
Burela, 8 de xaneiro de 2024. A Concellería de Cultura do Concello de Burela, a través da Biblioteca Pública Municipal, fai públicos os premios dos certames de postais e poesía infantil do Nadal, unha vez reunidos os membros do xurado.
Nos premios de poesía, en categoría A (ata 8 anos) o primeiro premio é para Teo Domínguez García, de 7 anos e do CEIP Vista Alegre; o segundo para José María García Fra, de 8 anos e do CEIP Vista Alegre, e o terceiro para Leo Fraga Río, de 7 anos (CEIP Vista Alegre).
Na categoría B (de 9 a 11 anos) gañou Lucas Ballesteros Pedre, de 11 anos e do CEIP Vista Alegre; Jimena Domínguez García foi segunda (11 anos e do CEIP Vista Alegre), e o terceiro premio foi para Jorge Melo Reigosa, de 11 anos e do CEIP Vista Alegre.
Todos os traballos presentados nesta fase local participarán na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
No certame de postais, en Educación Infantil o primeiro premio é para Naia Fontenla Suárez, de 5 anos e do CEIP Vista Alegre; Sergio Fernández González, de 4 anos e do CEIP Vista Alegre, foi segundo, e terceira, Luz Gonçalves Santomé, de 3 anos e do CEIP Virxe do Carme.
En 1º e 2º de Primaria, o primeiro premio foi para Mateo Chamosa Carro, de 7 anos e do CEIP Fondo Nois; o segundo para Alejandro Diéguez Ruíz, de 6 anos e do CEIP Fondo Nois, e o terceiro para Helena Turcu, de 6 anos e do CEIP Virxe do Carme.
En 3º e 4º de Primaria, o primeiro premio é para Pedro Cociña Lestao, de 8 anos; o segundo, para Assila Natasha Komarodin Mulyani, de 8 anos, e o terceiro para José María García Fra, de 8 anos. Os tres son alumnos do CEIP Vista Alegre.
En 5º e 6º de Primaria, o primeiro premio é para Jimena Domínguez García, de 8 anos e do CEIP Vsta Alegre; o segunfo premio, para Jean Pierre De La Nuez Cardenas, de 10 anos e do CEIP Virxe do Carme, e o terceiro premio para Clara Vázquez Cayón, de 10 anos e do CEIP Virxe do Carme.
A entrega de premios será na sala de arte da Casa da Cultura o vindeiro xoves 25 de xaneiro ás 19:00 horas. A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, e a Biblioteca Pública Municipal felicitan a “todos os participantes e convídaos a visitar a exposición que estará aberta ata o día da entrega dos premios en horario de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas de luns a venres”.






















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.


