Burela, 26 de agosto, 2026. O Rincón a pé de praia prepara para esta fin de semana unha das celebracións máis especiais da súa tempada. Baixo o nome “Eclipse Closing Party · O gran peche do verán”, o espazo situado na Marosa despedirá agosto cunha festa que combinará música, espectáculo e sorpresas durante toda a xornada do sábado.
A proposta está concibida como unha festa en continua evolución: comezará ao mediodía cun ambiente propio dunha sesión vermú e irá transformándose progresivamente ata converterse nunha gran celebración nocturna.
Entre os primeiros nomes confirmados figuran Compadres a Dos Orillas e DJ Pepu, xunto a unha das actuacións máis inesperadas da xornada: mariachis en directo.
Pero a Eclipse Closing Party irá moito máis alá dos concertos e das sesións DJ. Ao caer a tarde, os sons afrohouse darán paso a unha proposta máis visual, con performances, bailarinas e músicos en directo, preparando o ambiente para un dos grandes momentos da noite.
🌙 Un gran espectáculo para a noite do sábado
A parte nocturna contará cun show principal con cantante, catro bailarinas e dous músicos, concebido como un espectáculo que combinará música e posta en escena, e que culminará cun show de lume.
Durante toda a celebración haberá fotomatón, diferentes sesións DJ e outras propostas que a organización irá revelando nos días previos.
A madrugada terá tamén o seu propio protagonista coa chegada da Disco Móbil Chocolate, encargada de continuar a festa e poñer o broche final a unha xornada que aspira a converter a Marosa nun dos grandes puntos de encontro do último fin de semana de agosto.
🎶 Un venres de previa
O peche do verán comezará, en realidade, un día antes. O venres 28 de agosto, Toxo Guayaba ofrecerá un concerto de previa que servirá como punto de partida para dous días de celebración na Marosa.
Con esta Eclipse Closing Party, O Rincón a pé de praia quere despedir a tempada estival cunha proposta diferente, reunindo nunha mesma fin de semana concertos, DJs, música en directo, espectáculo, baile e festa ao aire libre.
Unha despedida do verán que, desde O Rincón, resumen cunha mensaxe que acompañou toda a campaña: “Non faigas plans.”
📅 ECLIPSE CLOSING PARTY · O GRAN PECHE DO VERÁN
Venres 28 e sábado 29 de agosto de 2026
O Rincón a pé de praia · A Marosa · Burela






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



