“Será a Xunta de Besteiro a que reforzará a sanidade pública porque ese é o noso modelo: unha sanidade pública, gratuíta, de calidade e universal. Puxémola en pé os socialistas e seremos os socialistas os que a recuperaremos”
Lugo, 9 de xaneiro de 2024. Os socialistas da provincia de Lugo acusan ao Partido Popular de “mentir descaradamente” cando, por medio do director asistencial da área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte, dixo que non se pecharon centros de saúde no rural. O PSdeG lembra que a Xunta pechou o consultorio de Castro, en Carballedo, e precarizou a atención –reducindo días de consulta e persoal- nos de Parga (Guitiriz); Castro de Rei; Cervo e Nadela (Lugo) tras mantelos pechados durante meses. Ademais, tivo cerrado o consultorio de Bóveda; deixou o ambulatorio de Castroverde sen médicos no Nadal; e en Negueira de Muñiz non hai facultativo dende outubro.
Polo tanto, “que non lle mintan aos veciños e veciñas, porque eles sofren cada día o desmantelamento da atención primaria que está perpetrando o Partido Popular na nosa provincia”.
“O panorama é desolador”, pois, ademais dos peches de centros, “o PP provocou na Xunta unha redución de persoal tan grave que a día de hoxe o 80% dos 67 concellos da provincia de Lugo teñen falta de médicos de familia, enfermeiros e pediatras”. “Viveiro, con máis de 15.000 habitantes non ten pediatra dende hai un ano e chega a haber só dous médicos ou mesmo un, dos 10 que tiña que haber; en Monforte, con máis de 18.000 habitantes, hai só 5 médicos dos 12 que tiña que haber; e na Fonsagrada só hai dous, dos 5 que había. E así toda a provincia”, subliñaron os socialistas.
“Con Touriño, os pacientes tiñan cita ao día seguinte”
“Cando gobernaba Touriño, os pacientes tiñan cita ao día seguinte no seu centro de saúde. Hoxe tardan semanas, ata para as receitas, e, por iso, tamén se colapsan as Urxencias, porque a xente non pode esperar e vai ao hospital”, recalca o PSdeG provincial. Unha situación, recalca, que recoñece o propio xefe de Urxencias do HULA. De feito, segundo os datos que ofreceu nunha entrevista xornalística, a afluencia a Urxencias disparouse no 2023, con 6.000 máis ca no ano anterior, “o que non ten unha causa puntual, como os picos de gripe, senón que ese incremento se está convertendo en algo estrutural polo desmantelamento da Atención Primaria”.
“A sanidade pública está atravesando a peor etapa da historia por culpa do PP. En 15 anos de Feijóo e Rueda, perdemos 900 profesionais na Atención Primaria, privatizaron servizos, empeoraron as condicións laborais dos traballadores e foron incapaces de prever a xubilación dos médicos para cubrir as vacantes”.
Os socialistas recalcan que será a Xunta de Besteiro a que “recuperará e reforzará” a sanidade pública porque “ese é o noso modelo: unha sanidade pública, gratuíta, de calidade e universal. Puxémola en pé os socialistas e seremos os socialistas os que a recuperaremos”.



















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



