As candidaturas aprobadas polo Consello Nacional “gañan impulso” con novas incorporacións e son reflexo dunha sociedade “diversa, plural e integradora”
Santiago de Compostela, 13 xaneiro, 2023. O Consello Nacional do BNG aprobou este sábado as “mellores candidaturas” para canalizar o voto do “cambio útil” nas eleccións do 18-F e abrir un novo tempo en Galiza. Unhas candidaturas que, segundo destacou a portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, “gañan impulso con novas incorporacións pero tamén apostan polo inmenso caudal de experiencia” acumulada durante os últimos anos polo grupo parlamentario. “A experiencia na oposición é un gran valor e un gran activo para liderar o próximo goberno de Galiza”, subliñou.
Pontón comprometeu a vontade de todos as candidatas e candidatos a “deixarse a pel” e a non “escatimar esforzos” para dar resposta a esa maioría social que quere cambio e ve no BNG a alternativa real para conseguilo. “Este é o momento do BNG, porque somos a forza do cambio útil para Galiza, somos a esperanza e a ilusión para todas as persoas que queren abrir un tempo novo, e imos deixarnos a pel para ofrecerlles a vitoria do cambio o 18F”, proclamou.
O pobo galego, proseguiu, afronta un momento decisivo na súa historia coa oportunidade de “colocar Galiza lugar que lle corresponde” da man dun goberno liderado polo BNG e tras corenta anos nos que o País tivo seis presidentes “todos homes e todos de forzas estatais” que non foron capaces de facelo, sostivo.
“É o momento de apostar por algo diferente, de apostar por unha muller na Presidencia e por unha forza libre de ataduras como o BNG”, afirmou, para solicitarlle aos galegos e as galegas a confianza e poder demostrar que co Bloque “a Galiza vaille ir moito mellor”.
Nun chamamento á mobilización masiva e a concentrar no BNG todo o voto do cambio como única alternativa para derrotar ao PP, Pontón advertiu de que “non se pode perder ningunha papeleta” porque existe unha maioría “que quere abrir un tempo novo” a partir do 18-F. “Hai moitas formas de sentirse galego e galega e todas son necesarias para construír a Galiza en grande que queremos e merecemos”, declarou nunha chamada a votar BNG tamén a aqueles que elixiron a paleta doutras forzas en anteriores citas electorais.
Preparados para gobernar dende a responsabilidade, a seriedade e o rigor
A candidata nacionalista proclamou “este é o momento de facernos cargo do goberno do País” e subliñou que no BNG “estamos preparados para gobernar desde a responsabilidade, a seriedade e o rigor”, para darlle á sociedade galego un goberno “sen ataduras nin servilismos a Madrid e que unicamente sexa leal aos galegos e as galegas”.
Fixo así un chamamento á militancia e á maioría social que quere cambio a afrontar a cita do 18-F dende a “esperanza e a ilusión”, convencida de que “hai partido” neste momento no que, ademais, o PP “entrou directamente en pánico”. Só así se explica, agregou, a xestión “tan incompetente, tan chea de mentiras e tan irresponsable” como a que están a facer na crise dos pellets, “repicando punto por punto o nefasto protocolo do Prestige”.
Dende a humildade, dixo, recomendoulle a Alfonso Rueda que “non menosprece a intelixencia dos galegos e das galegas intentando tapar con mentiras e insultos a súa nefasta xestión deste desastre ambiental”, advertindo que “o que prexudica a imaxe de Galiza é un goberno do PP sen rumbo, noqueado, superado polas circunstancias, incapaz de xestionar esta crise e que, ademais, ten nun total abandono a un dos sectores máis importantes do País”. Trasladou, neste sentido, todo o apoio do BNG á xente do mar.
No que se refire ás candidaturas aprobadas polo Consello, salientou que “o que funciona non se cambia” e, de aí, que Olalla Rodil, Noa Presas e Luís Bará renoven como cabezas de cartel en Lugo, Ourense e Pontevedra, respectivamente, mentres na Coruña Mercedes Queixas será a número dous na lista encabezada pola propia Pontón, que tivo para todos eles palabras de recoñecemento polo traballo feito nos últimos anos.
Destacou, ademais, a aposta pola igualdade dunhas candidaturas que combinan experiencia e renovación, cunha forte presenza de mulleres, con equilibrio territorial e nas que a mocidade “ten moito que dicir”. “As candidaturas do BNG son como a sociedade galega: diversa, plural e integradora”, apuntou, subliñando ademais o reflexo que van ter nas listas todos os ámbitos da sociedade con persoas “preparadas e ben formadas”.




























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



