Viveiro, 4 de xaneiro de 2023. O Concello de Viveiro celebrará mañá venres, día 5 de xaneiro, a súa tradicional Cabalgata de Reis que este ano chega chea de novidades, de maxia e de sorpresas.
A xornada de mañá inclúe ademais da cabalgata dous roteiros de Nadal no Vivertren, con saída pola mañá ás 12:00 horas desde a estación de autobuses. Pola tarde, sairá ás 17:30 horas desde a piscina municipal cuns viaxeiros e viaxeiras moi especiais.
Como é habitual, a comitiva real con Melchor, Gaspar e Baltasar sairá ás 17:30 horas nunha ruta que parte do Porto de Celeiro, Covas e Viveiro polo paseo marítimo. A Banda da Misericordia amenizará o paso da Cabalgata polas rúas da vila.
“Dende o Concello de Viveiro animamos a todos os veciños e veciñas, e aos visitantes a que se acheguen ao noso municipio para desfrutar da Cabalgata e do ambiente de Nadal”, subliña a alcaldesa, María Loureiro. “Recibiremos aos Reis Magos nunha tarde chea de maxia que de seguro ilusionará aos nenos e nenas de Viveiro”, engade a rexedora.
Ao finalizar o percorrido, os Reis Magos falarán a todos os presentes dende o balcón da Biblioteca Municipal e recibirán despois aos nenos e nenas da vila na sala multiusos do Concello de Viveiro.
Dende as 18:00 horas haberá tamén animación músical na Praza Maior para amenizar a espera da chegada dos Reis e a recepción.
Só no caso de que non puidese saír a Cabalgata polo mal tempo, o concello ten previsto un plan alternativo que consistirá nun acto cos Reis Magos no Teatro Pastor Díaz. O concello informará con antelación nas súas redes sociais se considera necesario realizar este cambio.
Durante o transcurso da cabalgata haberá cortes de tráfico momentáneos e desvíos por vías alternativas.
Para garantir a seguridade dos centos de persoas que asistirán, o Concello de Viveiro ten preparado un dispositivo especial, que se encargará de velar polo correcto desenvolvemento do evento.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



