Viveiro, 26 de xaneiro, 2024. No mes de maio de 2011 inaugurábase o parque de bombeiros de Viveiro, conxuntamente con outros cinco parques na provincia de Lugo. Todos estes parques pertencen o Consorcio Provincial de Lugo para a prestación dos servizos de Contra incendios e Salvamento, e que foron financiados pola Xunta de Galicia e pola Deputación de Lugo, cunha participación dun 50% cada entidade.
Dende a posta en funcionamento do parque de Viveiro e por espazo de oito anos, a Xunta de Galicia e Deputación de Lugo, externalizan a xestión do servizo, sendo a empresa Veicar a adxudicataria do mesmo.
A partires de 2019 a Deputación decide facerse cargo da xestión do parque de bombeiros de Viveiro e do resto de parques da provincia de Lugo. Pasando a cadro de persoal, actualmente no parque de Viveiro traballan 20 persoas, a depender da Deputación de Lugo como persoal laboral, manténdose o financiamento do 50% por parte das dúas administracións propietarias do Consorcio Provincial.
A día de hoxe o parque, ademais de certos problemas de mantemento e conservación, arrastra un longo período de conflitividade laboral, debido a unha errática política salarial, que supón que os traballadores dos parques de bombeiros da provincia de Ourense, ultima provincia en cancelar a externalización do servizo, teñan ingresos mensuais sensiblemente superiores aos traballadores dos parques da provincia de Lugo.
O parque de bombeiros de Viveiro con ámbito de xeográfico de actuación os concellos de Ourol, Vicedo, Xove, Cervo e Viveiro. Sendo a súas tarefas principais: incendios, excarceracións, acceso a vivendas, inundacións, temporais, transporte de mercadorías perigosas, rescates, etc. En todas estas tarefas o tempo de resposta e a rapidez de chegada o punto da incidencia e primordial.
Segundo os protocolos de funcionamento o persoal mínimo para manter o parque aberto e estar en disposición de atender unha emerxencia e de 3 persoas por cada quenda de 24 horas. No ano 2023 o parque de bombeiros de Viveiro estivo pechado por falta de persoal mais de 10 días, si acontece unha emerxencia un día no que o parque está pechado, hai que derivar a chamada a un dos parques próximos (Barreiros ou Vilalba) o que incrementa notablemente o tempo de resposta.
Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal de POR VIVEIRO traslada a seguinte proposta de acordo para a súa aprobación en pleno:
Instar á Xunta de Galicia e Deputación de Lugo, administracións responsables do Consorcio Provincial de Lugo, a unha rápida solución da problemática actual do parque de bombeiros de Viveiro para evitar que se repitan as causas que poidan obrigar a novos días de peche.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



