A Xunta de Goberno aprobou as bases para conceder un total de 50 axudas de 600 euros destinadas aos propietarios das vivendas no marco do programa piloto da institución E para vivir Lugo, que ten como obxectivo atraer e fixar poboación
Lugo, 26 de xaneiro de 2024. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres as bases para a creación dunha bolsa de vivendas de alugueiro no rural. Unha das liñas de actuación incluídas no programa E para vivir Lugo que a institución provincial ten en marcha con fondos que conseguiu da Unión Europea para afrontar o reto demográfico.
Así o informou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen explicou que a Deputación concederá un total de 50 axudas de 600 euros cada unha destinadas aos propietarios das vivendas para incentivar o alugueiro. “Con este plan piloto queremos abrir unha vía que consideramos moi interesante para atraer e fixar poboación no noso rural”, asegurou.
O prazo de solicitude destas axudas de concorrencia competitiva será de un mes desde a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Poden resultar beneficiarias todas aquelas persoas propietarias e usufrutuarias de vivendas sen ánimo de lucro que estean situadas en concellos da provincia con menos de 5.000 habitantes.
Explicou a Voceira que para a concesión destas axudas valoraranse cuestións como o concello onde estean situadas, tendo preferencia aquelas vivendas da Fonsagrada, O Valadouro e Xermade, porque é onde a Deputación está a desenvolver as accións piloto deste proxecto; o equipamento, puntuando máis aqueles inmobles que conten con parcela anexa á vivenda, praza de garaxe, instalación de enerxía renovable e certificación enerxética A, B ou C; a distancia a núcleos habitados máis próximos, valorando por encima aquelas vivendas que estean integradas nun núcleo habitado; e o tamaño e o ano da construción do inmoble, con máis puntos para as máis antigas e de maior capacidade.
Pilar García Porto explicou que esta bolsa para o alugueiro de vivenda no rural forma parte dunha das tres grandes liñas de actuación do proxecto E para vivir Lugo, dotado con 300.000€ de fondos da Unión Europea. Xunto a esta iniciativa, o programa inclúe a creación de oficinas demográficas para atraer poboación e atender aos novos residentes, e axudas para a diversificación de cultivos.
Hortos urbanos
A Xunta de Goberno tamén aprobou as autorizacións de uso dos últimos 27 hortos urbanos que a Deputación tiña libres no Parque do Rato. Desta forma, están adxudicadas as 150 parcelas públicas que a institución pon a disposición da cidadanía de maneira gratuíta nesta contorna natural de Lugo, en plena Reserva da Biosfera Terras do Miño, para fomentar o lecer saudable e a agricultura ecolóxica.
Investimento en Friol
Ademais, na Xunta de Goberno saíu adiante a solicitude do Concello de Friol para a aplicación de remanentes do Plan Único de Cooperación cos Concellos do ano 2023. En concreto, para a utilización de preto de 40.000€ destinados á mellora do viario municipal na parroquia de Carlín e no lugar de Portalamoso, na parroquia de Xiá.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



