“Cada vez é máis necesario un goberno progresista en Galicia que, da man de Besteiro, aplique e desenvolva medidas pensadas para mellorar a vida das persoas”
Lugo, 11 de xaneiro de 2024. O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, José Tomé Roca, fixo este xoves unha valoración moi positiva da suba das pensións para este ano 2024 en case un 4%, conforme ao coste da vida, que o Goberno de Pedro Sánchez sacou adiante onte no Congreso dos Deputados, a pesar do voto en contra do Partido Popular. Polo tanto, subliñou o socialista, “se fose polo Partido Popular, os pensionistas da nosa provincia non recibirían unha nova suba este ano”.
José Tomé recalcou que, “unha vez máis, queda claro que a revalorización das pensións só se garante con gobernos progresistas, porque o PP non o fai”, e comparou o incremento de máis do 12% que aprobou o Executivo do Estado entre 2023 e 2024 coa “burla e escarnio que o Partido Popular facía aos maiores en tempos de Rajoy cando anunciaba unha suba do 0,25% mandando unha carta que custaba máis do que ían cobrar de incremento os pensionistas”.
O Secretario Xeral dos socialistas da provincia sinalou que coa medida do Goberno de Pedro Sánchez, os 113.849 pensionistas de Lugo van cobrar uns 35 euros máis ó mes, sobre unha pensión media de 914 euros. “Isto supón unha suba anual de case 500 euros por pensionista e unha inxección de 60M€ máis no conxunto da provincia neste 2024”.
Neste sentido, José Tomé incidiu en que revalorizar as pensións “é de xustiza social”, pero tamén “un incentivo para a economía, sobre todo no rural, xa que garante o poder adquisitivo do 35% da poboación da nosa provincia, co efecto dinamizador que iso ten no consumo”. “O Partido Popular ten que explicar por que votou, outra vez, en contra dos pensionistas”.
“Seguen demostrando a súa inutilidade política e o nulo compromiso cos intereses dos galegos e galegas. Vémolo coa marea de plástico nas nosas costas e comprobámolo onte en Madrid, cando dixeron unha vez máis que non á suba das pensións ou á rebaixa da factura da luz e do gas, e do IVE dos alimentos”. “Cada vez é máis necesario un goberno progresista en Galicia que, da man de Besteiro, aplique e desenvolva medidas pensadas para mellorar a vida das persoas”, subliñou o líder do PSdeG na provincia de Lugo.





















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



