Isabel Rodríguez subliñou a oportunidade que ofrece o programa para o rural lucense, con formacións en materia de comunicación dixital, correo electrónico, banda en liña ou seguridade na rede
Lugo, 19 de febreiro de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que a provincia de Lugo incorpórase á segunda edición de Ineco RuralTIC, o programa de dixitalización do mundo rural desenvolto por Ineco, a enxeñería e consultoría do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible.
Cinco nómades dixitais de Ineco desprazaranse á Pontenova e Sober no marco deste programa que permite aos propios profesionais de Ineco compatibilizar o teletraballo en pequenos territorios de España.
Os municipios lucenses convértense así en dous dos territorios onde Ineco RuralTIC desenvolve a súa segunda edición, que desde novembro e ao longo dos próximos meses chegará de forma gradual a 84 municipios españois. Así, espérase que outros dous municipios de Lugo, Trabada e Guitiriz, tamén se sumen ao programa.
Íñigo Albar, Víctor Mártil, Diego López, Ángela Arranz e Elvira Ureña, da área Comercial, de Negocio, e de Enxeñería de Sistemas en Ineco, continuarán coa súa actividade habitual de maneira remota ao mesmo tempo que apoian a este municipio a través de diferentes talleres de dixitalización.
No ámbito social, A Pontenova e Sober teñen interese en mellorar as habilidades dixitais dos seus cidadáns a través das formacións que Ineco RuralTIC ofrece en materia de comunicación dixital, correo electrónico, mensaxería instantánea, banca e compra en liña, trámites administrativos, seguridade na internet, etc. Na súa faceta de desenvolvemento económico, o programa Ineco RuralTIC permitirá aos nómades dixitais apoiar ás pemes locais con talleres sobre tecnoloxía para pequenos negocios, posicionamento dixital e tramitacións electrónicas, entre outros.
Un programa pioneiro para a dixitalización do mundo rural
Un total de 84 municipios participan nesta segunda edición do programa Ineco RuralTIC 2.0 a través do que nómades dixitais da compañía teletraballan temporalmente desde poboacións menores de 10.000 habitantes. Esta cifra supón dobrar o alcance territorial desta iniciativa que durante os próximos meses chegará a 13 comunidades autónomas e 31 provincias fronte ás 6 e 15 logradas na primeira edición de Ineco RuralTIC, respectivamente.
O programa permitirá aos nómades dixitais de Ineco compaxinar o seu día a día
profesional con actividades que potencien a dixitalización local, en base ás necesidades transmitidas polos propios habitantes e as pemes do territorio. A súa actividade de dixitalización poderá alcanzar, así, a preto de 187.000 persoas



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



