A UNED Senior vai dirixida aos maiores de 55 que queren seguir aprendendo. Os interesados poden matricularse na secretaría da UNED, Avenida de Cervantes s/n (Claustros da Igrexia de San Francisco). www.estensionuned.es
A UNED Senior vai dirixida aos maiores de 55 que queren seguir aprendendo. Os interesados poden matricularse na secretaría da UNED, Avenida de Cervantes s/n (Claustros da Igrexia de San Francisco). www.estensionuned.es
O próximo martes, ás 20h, na Biblioteca Municipal de Viveiro, presentarase o número 189 do Terra e Tempo dedicado á primeira gran organización de masas do nacionalismo, a Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), que durou desde 1975 até 1982, cando se convertiu no BNG actual. Falarña desta etapa da nosa historia Francisco Luís Rodríguez Guerreiro e Néstor Rego Candamil, dúas persoas que a viviron en primeira persoa, aínda que con distintas idades. "Existimos porque houbo un tempo pasado no que tivemos vontade de ser".
Os/as pequenos/as da Escola Infantil Municipal defrutaron tamén da súa Festa de Samaín terrorificamente caracterizados para a ocasión.
A FEMP, Federación Española de Municipios e Provincias, traslada a petición da Federación Valenciana de Municipios, na que solicita que os concellos que queiran colaborar cos afectados pola DANA recollan auga, leite, alimentos non perecedoiros e produtos hixiénicos. "Se queres axudar, deposita no carro solidario a túa aportación". Os supermercados de Burela xa incluidos na campaña son Eroski Center, Alcampo, Eroski City, Claudio e Froiz. Iranse unindo os próximos días máis supermercados da vila
O vindeiro mércores día 6 de novembro, a libraría Bahía acolle a presentación da Guía micolóxica básica da provincia de Lugo. En colaboración coa Asociación Os Bolouros de Foz e a Asociación Micolóxica Lucus de Lugo. Estarán tamén os autores da publicación. Trátase dunha guía sinxela para poder identificar con claridade as especies de cogomelos que podemos encontrar na nosa provincia, moi interesante, por tanto, tanto para quen xa son afecionados á identificación de fungos, coma para quen queren introducirse neste apaixoante mundo.
Esta publicación, que se enmarca na serie Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos do Editorial CSIC, conta cunha introdución dos editores Carlos Baliñas e Carlos Andrés González. Ademais, tamén colaboraron neste traballo de investigación, que afonda na historia e na evolución do municipio mariñán dende o medievo ata a actualidade, Abel Vigo, Aurelia Balseiro, Mª Dolores Barral e Pegerto Saavedra.
Este xoves gardouse un minuto de silencio ante a Casa do Concello, como xesto símbólico en solidariedade coas familias das persoas falecidas e desaparecidas, e con todas as persoas que resultaron vítimas, dun ou doutro xeito, da devastadora DANA que afectou sobre todo, á Comunidade Valenciana e a Castela A Mancha. As bandeiras tamén locen a media asta en sinal de loito.
O pasado sábado, 26 de outubro, tivo lugar na Pousada do Almacén en Cervo unha emotiva xuntaza do antigo alumnado do Cole de Cervo dende a xeración de 1977 ata 2006 para homenaxear a súa mestra Lila, con motivo da súa xubilación, estando acompañada polo seu inseparable Toño (tamén mestre no Centro). Lila foi unha carismática mestra que impartíu no Colexio Público de Cervo dende comezos da década dos 90 ata xuño pasado. Máis de 70 persoas asistiron á cea e unhas 110 participaron nos distintos agasallos entregados ao remate cos respectivos discursos. A homenaxe continuou logo no Muíño para rememorar anécdotas dos tempos mozos das persoas asistentes.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital