O alcalde, Dani Vega, explicou que “estivemos en todo momento en contacto con Viesgo, pendentes do que estaba a acontecer. Finalmente tras tres horas e media sen luz o servizo quedou restablecido en Ribadeo”. E engadiu: “sabemos as importantes molestias causadas á poboación, pero o temporal de vento foi moi forte en toda esta zona”.
![Ás seis menos cuarto da tarde deste xoves, Ribadeo recuperaba o subministro eléctrico, tras sufrir un corte de tres horas e media de duración](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/03/Daniel-Vega-diante-da-Casa-do-Concello.jpeg)