Ecoloxistas en Acción pide á Xunta de Galicia que rexeite a solicitude de captación e vertido para o proxecto Gama de Altri
Compostela, 28 de febreiro, 2024. A empresa portuguesa Altri, co apoio da Xunta de Galicia, pretende construir unha enorme factoria de fabricación de celulosa e textil en terreos agrarios, a menos de dous quilómetros do Camiño de Santiago, na súa ruta do Camiño Francés ao seu paso entre Palas de Rei e Melide, entre as zonas da Rede Natura 2000 da Serra do Careón, o Sistema fluvial Ulla-Deza e as Sobreiras do Arnego, ao pé das Torrentes do Mácara, do balneario de Pambre e do Castelo de Pambre.
Ecoloxistas en Acción sinala que non semella unha proposta moi axeitada promover para a bacia do Ulla a instalación dunha pasteira que ocupará tanto terreo coma a extensión de Santiago de Compostela. Unha factoría que precisará dun consumo diario de auga superior ao que consume toda a poboación de toda a provincia de Lugo no mesmo día. Auga que terá que obtela da cunca do río Ulla, que cada ano vese máis mermada e con maiores restriccións de auga para o consumo humano.
“Da captación devolverán tres cuartas partes da auga, pero desta auga devolta descoñecese o tipo de tratamento que terá despois do seu uso para os distintos procesos químicos que a pasteira realizará para fabricar fibras textiles e celulosa*, denuncia Ecoloxistas en Acción, que ademais asegura que a factoría de Altri consumiría auga en cantidades superiores ás que demanda a actual fábrica de ENCE en Pontevedra.
Para a organización ecoloxista as verteduras previstas por ALTRI representarán sen dúbida unha multiplicación da carga orgánica e da carga de nutrientes (aínda que se depuren previamente), que ingresan neste sistema de encoros, co que “o problema de eutrofización vaise a multiplicar”. Ecoloxistas en Acción sinala que isto vai acarrexar unha afección ás captacións existentes para o consumo humano, á calidade de auga para o baño, para a vida dos peixes e para o mantemento de todo o ecosistema acuático do Sistema fluvial Ulla Deza.
Lembran que debe terse en conta ademais que esa parte da conca do Ulla sofre importantes problemas de estiaxe (secando algúns anos temporalmente varias canles como o Moreira, Seco e o Ponte Videla), co que a dilución da vertedura será menor. Para a organización ecoloxista coa Instalación desta enorme pasteira estariase incumprindo co Plan director do Camiño e coas esixencias das Directivas europeas de protección da Rede Natura 2000 que reciben anualmente milleiros de fondos públicos para a súa conservación e promoción. A ubicación do complexo químico estaría a menos de 2 km do Camiño, da Rede Natura e da cunca do río Ulla. Ademais, sinalan que este proxecto acarrexaría a transformación da paisaxe da contorna do Ulla en enormes plantacións de eucaliptos.
Ecoloxistas en Acción solicita á Xunta a denegación da petición de captación de auga e vertido realizada por Altri a través dunha nobel empresa denominada Greenfiber que creou para a xestión dun proxecto declarado estratéxico. Tamén requiren ao goberno galego que se expoña a información pública o proxecto Gama con todos os informes que teña realizados, para sometelo a avaliación de impacto ambiental sen incurrir en fragmentación.
“A Xunta debe solicitar informe vinculante a alomenos 23 organismos sobre os impactos reais. Ás tres deputacións provinciais con concellos afectados, aos catro concellos con terras de particulares afectados, aos 19 concellos da ribeira do Ulla que poden ver comprometidos os seus recursos económicos e hídricos e ademais a todos os concellos do tramo do Camiño de Santiago que poden verse afectados e incluso posta en risco a declaración de Patrimonio da Humanidade ou que podería supoñer o desvío dese tramo da ruta do Camiño”, destaca a voceira de Ecoloxistas en Acción.
Isabel García insiste en que Augas de Galicia ten competencia para frear este dano ambiental e social, xa que a natureza da vertedura que se tramita entra dentro dos casos de actuacións industriais contaminantes que poden ser limitadas conforme o que establece o artigo 260.1 do Regulamento do Dominio público hidráulico





















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



