A organización ecoloxista despregou o seu operativo de brigadas de limpeza na praia de Canelas, en Portonovo
Compostela, 17 de febreiro, 2024. As brigadas de limpeza de praias de Ecoloxistas en Acción ven observando unha reducción da chegada de pélets ás praias despois dos últimos temporais.
Lonxe das mensaxes que buscan minimizar os impactos dos plásticos, a organización ecoloxista advirte que o feito de que non cheguen ás praias non é necesariamente unha boa nova, pois boa parte do material continúa no mar, onde non se pode recoller, ou está soterrado baixo a area.
Mesmo así, Ecoloxistas en Acción mantén o seu operativo de voluntariado de limpeza de praias, unha vez que se continúan retirando pélets e outros residuos plásticos en cada intervención. De feito, na xornada de limpeza de hoxe sábado, as brigadas de voluntariado retiraron varios sacos de lixo plástico na praia de Canelas, en Portonovo.
Ecoloxistas en Acción chama ás Administracións e á sociedade a non esquecer o problema da contaminación por plásticos urxindo a adoptar plans para a limpeza e xestión de plásticos aproveitando a experiencia adquirida nos últimos meses durante a crise do Toconao.
EA organización ecoloxistas lembra ademais que o problema dos plásticos é apenas a punta do iceberg das ameazas que se cernen sobre as rías e costas galegas, e que inclúen a mala xestión de augas residuais, a contaminación de metais pesados desde minas como as de Touro e San Finx ou a neglixencia das empresas hidrelétricas á hora de operar encoros como o do Tambre. Por iso, demandan que non se abandone o mar e a súa xente, poñendo o foco na conservación e restauración dos ecossistemas mariños.
Estes días, no Parlamento Europeo, discútese a proposta de Regulamento da Comisión Europea sobre a prevención das perdas de pélets. Ecoloxistas en Acción espera que, tras o desastre do ocorrido en Galicia, o regulamento teña a máxima ambición e esixa polo menos que se inclúen medidas de prevención e responsabilidade para o transporte marítimo de pélets para evitar que sigan ocorrendo perdas desde buques.
Para Ecoloxistas en Acción: ”Tras o episodio vivido nas costas galegas, é o momento de que a clase política demostre que lles preocupa o mar, a súa biodiversidade e o futuro do sector pesqueiro”. Sinalan ademais que os impactos sobre os ecosistemas destes microplásticos non están contabilizados e a limpeza e restauración parcial non pode seguir recaendo sobre a cidadanía e os medios públicos, como ocorreu en Galicia.
Desde a organización ecoloxista insisten en que “as empresas teñen que pagar o que contaminan, pero, sobre todo, teñen que deixar de contaminar. Por iso é fundamental instaurar medidas estritas de prevención en toda a cadea de subministración”.



















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



