Ribadeo, 7 de febreiro, 2024. Tralo mítin do candidato popular, Alfonso Rueda, en Ribadeo, o BNG fai a seguinte reflexión. “Unha vez máis puidemos comprobar que as palabras lévaas o vento. No mesmo sitio no que Daniel Vega prometeu que se gañaba as eleccións municipais o goberno amigo da Xunta ía investir 700.000€ na reforma integral do Hospital Asilo, hoxe, o candidato á Xunta polo PP esqueceu as palabras do alcalde de Ribadeo e desprezou a intelixencia de todas as mulleres e homes do noso concello asubiando cara arriba e, quen sabe se dicindo aquilo de -non me votes-non me votes-“.
“O actual rexedor ribadense, non contento con ese desprezo, participou da cerimonia da confusión e tirou polo alto falando de algo que aínda está por vir: a construción dun novo centro de saúde. Un día especula con cambialo de sitio e outro bota a casa pola ventá e fala de até 3,5 millóns de euros para tapar a cifra real, concreta e prometida de 700.000€ para a reforma integral do Hospital Asilo. Ou Dani Vega non se decata de nada, ou quérenos facer parvos a todos e todas nós”.
“Como ten o rexedor ribadense a vergonza de prometer 3,5 millóns para o centro de saúde se os seus amigos de partido se negaron a aprobar no Parlamento un millón para a construción do mesmo? Dani Castro, o noso veciño e deputado polo BNG na anterior lexislatura, e actual candidato número dous pola provincia de Lugo, ten proposto emendas aos orzamentos da Xunta para que se dispuxeran os 700.000€ para a reforma integral do Hospital Asilo e un millón para o novo centro de saúde. Pero alí estaban os deputados e deputadas do PP para votar non. Así é o actual alcalde de Ribadeo: non cumpre cos compromisos adquiridos e despois disimula prometendo cousas coma se non houbera un mañá”.
“Ben pouco caso lle fan en Santiago! Vese que o seu cargo de presidente de comisión de pouco lle valeu. Trátano coma a un trapo político para intentar sacarlle lustre aos altos cargos do PP que pasan por Ribadeo. Non hai ninguén vinculado a Ribadeo nas listas do PP de Lugo e veñen aquí a rir de nós. E o actual alcalde, quen sabe se agardando a que lle paguen dous ou tres caprichos máis. O vindeiro 18 de febreiro podemos poñerlle remedio a esta situación. Está nas nosas mans. Non quedemos na casa”.
“Votemos Ana Pontón. Votemos Dani Castro. E poñamos a andar a esta caste de incompetentes camiño da oposición”.























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



