A Mariña, xoves 8 de febreiro. Os candidatos Daniel Castro e Miguel Gómez achegáronse ao concello de Muras, donde xunto co alcalde Manuel Requeixo avanzaron as principais liñas do programa de goberno en materia de enerxía. Consideran os nacionalistas que Galiza está a tempo de liderar unha nova etapa de transformación que aposte polo control social e público do sector enerxético e donde se garanta que o acceso á enerxía como dereito esencial que é deixe beneficios no noso país.
Competencias en matéria enerxética
Así mesmo Daniel Castro avanzou que “desde o novo goberno da Xunta faremos unha demanda activa de todas as competencias en materia enerxética e da participación directa de Galiza das planificacións de ámbito estatal, así como negociar de forma urxente a lei do sector eléctrico de forma que Galiza poida decidir sobre as instalacións enerxéticas de máis de 50Mw para poder facer unha planificación integral da expansión renovable”.
Tarifa eléctrica
O impulso do beneficio directo para Galiza no seu papel de produtor excedentario neto de enerxía eléctrica, demandando unha Tarifa Eléctrica a través de redución directa nas peaxes é outra das medidas que o Bng levará adiante desde o goberno da Xunta.
Planificación das repotenciacións aplicando criterios de retorno para o beneficio social
Manuel Requeixo, que desde o concello xa tén implementado medidas para abaratar o recibo da luz á veciñanza insistíu tamén na importancia de facer unha planifcacion das repotenciacións aplicando criterios de retorno que beneficien á sociedade, así como en canto ás novas instalacións, aplicar novos criterios económicos sociais e ambientais para a aprobación de proxectos e en canto ás instalacións en tramitación, priorizar a proteccion da biodiversidade e facer unha avaliacion correcta dos impactos. Medidas todas elas que van recollidas no programa de goberno nacionalista.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



