Gómez Puente considera “sangrante” esta situación toda vez que “o goberno local leva meses sen recoller ese contedor, a pesar de ser responsabilidade do Concello”
Barreiros, 21 de febreiro de 2024. O PP de Barreiros insiste en reclamar ao goberno local que recolla o lixo do colector instalado polo propio Concello preto de tres vivendas do barrio da Regueira, en San Cosme de Barreiros, porque “non non se volveu retirar o lixo deste punto de recollida desde as pasadas eleccións municipais”.
Atendendo ao malestar dos veciños, os populares xa teñen dado trasladado dende entón ao goberno local do BNG en varios plenos e tamén fixeron pública a denuncia o pasado mes de setembro; pero “cinco meses despois o goberno local segue sen facer caso ningún”. É por iso polo que o portavoz, José Manuel Gómez Puente, considera “sangrante” esta situación toda vez que “a recollida do lixo é responsabilidade do Concello”.
O popular sinala que “a falta de recollida do lixo nese punto obriga aos veciños a desprazarse costa arriba para poder facer uso doutro contedor”. Polo tanto, condena “a falta de sensibilidade, o trato desigual con estes veciños e, sobre todo, o pasotismo á hora de atender as súas responsabilidades”.


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



