No centro cursan estudos rapaces de catorce concellos, procedentes da Mariña, así como doutros municipios de provincia de A Coruña
Viveiro, 23 de febreiro de 2024. A voceira do Grupo Municipal de Viveiro, Mariña Gueimunde, esixe ao Concello garantir “con carácter de urxencia” a seguridade aos usuarios do Conservatorio Municipal. A popular fai esta petición logo de constatar no día de hoxe que a entidade local aínda non retirou os cascallos procedentes do desprendemento dunha parte do balcón lateral do edificio producido o pasado domingo durante a xornada electoral.
Para os populares o restablecemento do inmoble e das súas inmediacións en termos de seguridade “non se pode dilatar máis”, pois “xa vai case unha semana do suceso e as vaias e os cascallos seguen no chan”. “Isto é unha máis”, alerta Gueimunde, e é “un novo exemplo da desidia manifesta dun goberno esgotado e desgastado que nin tan sequera se preocupa do mantemento das instalacións municipais e que lle corresponde xestionar e atender coa debida responsabilidade”.
Deste xeito, Gueimunde maniféstase moi crítica co proceder do Concello, xa que o suceso coincidiu, ademais, co día das eleccións e no Conservatorio había tres mesas. “É dicir, as consecuencias puideron ser aínda peores”, advirte. “Afortunadamente, o domingo non pasou nada, pero cada día son moitos os rapaces que cursan os seus estudos de música neste edificio. Pedimos encarecidamente á alcaldesa que deixe de mirar para outro lado. É a súa responsabilidade garantir que non lles pase nada aos alumnos e alumnas e que tanto eles como as súas familias se sintan seguros”, insiste.
Neste Conservatorio, lembra a popular, cursan estudos rapaces de catorce concellos, procedentes da Mariña, así como doutros municipios da provincia coruñesa. É o caso, por exemplo, das localidades de Cariño, A Coruña, Mañón ou Ortigueira.




















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



