Os populares subliñan que “o Goberno galego sostén os principais servizos públicos do municipio e, ademais, dirixiu a Vilalba máis de 35 millóns de euros nos últimos 4 anos”
Vilalba, 7 de febreiro de 2024. A mellora prevista nas instalacións do CEIP Terra Chá, na parroquia vilalbesa de Román, é “un exemplo da implicación do Goberno do PP con Vilalba e coa educación no rural”. Así o destacaron os candidatos do PP ao Parlamento galego durante unha visita ao municipio vilalbés na que tamén participou o titular de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do Goberno galego, Román Rodríguez.
O Goberno galego dirixiu dende o 2009 arredor de 400.00 euros en obras de mellora no CEIP Terra Chá. Ao conxunto de actuacións desenvoltas nas últimas anualidades por máis de 190.000 euros, hai que engadir as obras que xa están en proceso de contratación cun investimento previsto de máis de 200.000 euros.
As intervencións enmarcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica pretenden “mellorar a eficiencia enerxética, a accesibilidade e adecuar as instalacións ás necesidades do centro”. Neste centro está prevista a substitución de ventás, a instalación dun ascensor, a adecuación dunha nova aula de infantil, a substitución de luminarias e a pintura interior e exterior.
Os populares subliñaron “o compromiso inversor para a mellora das instalacións que usa a diario o alumnado e o conxunto da comunidade educativa nos centros de Vilalba” como demostran os “máis de 2 millóns de euros que o Goberno da Xunta dirixiu dende o 2009 aos centros de ensino vilalbeses” para distintas actuacións de reparacións, reformas, renovación de pistas deportivas, instalación de sistemas de biomasa no IES Basanta Silva, mellora da accesibilidade ou da eficiencia enerxética en distintos centros.
Dende o PP lucense inciden en que “Vilalba funciona da man dun Goberno do Partido Popular en Galicia que está a soster os principais servizos públicos do municipio. E queremos seguir traballando nesa liña da man de Alfonso Rueda”, subliñaron os candidatos durante unha visita á capital chairega onde lembraron que, “ademais dos servizos públicos que sostén directamente a Xunta, o Goberno galego dirixiu a Vilalba máis de 35 millóns de euros nos últimos 4 anos”.
MITIN EN XERMADE
Román Rodríguez tamén ten previsto intervir nun mitin en Xermade xunto á cabeza de lista do PP pola provincia, Elena Candia, e o portavoz municipal, Antonio Riveira.




















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



