Rodil: “o 18 de febreiro Ana Pontón será a primeira presidenta da Xunta de Galiza, desde o BNG estamos preparadas para asumir a responsabilidade de mellorar a vida das galegas e galegos”
Lugo, 1 de febreiro 2024. O BNG presentou o cartaz co que pedirá o voto durante a campaña electoral de cara ao 18 de febreiro. Nun acto con militantes e simpatizantes, Olalla Rodil afirmou que “nesta campaña faremos chegar a todas as galegas e galegos o modelo do BNG, un modelo que pensado para mellorar a vida das nosas veciñas e veciños, e que a partir do 18 de febreiro aplicaremos desde a Xunta de Galiza”. O acto contou coas intervencións do portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e dos números 2 e 3 da candidatura, Daniel Castro e Montse Valcárcel.
“Desde o BNG imos poñer de novo a Lugo no mapa da Xunta de Galiza, despois de 15 anos de abandono e esquecemento por parte do goberno do Partido Popular”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “precisamos recuperar os servizos públicos nos que o goberno do PP recortou nestes 15 anos, especialmente nas zonas rurais, facendo que o rural sexa un un lugar onde asentarse e aproveitar así o seu gran potencial como motor do desenvolvemento económico de Galiza”. “Neste campaña queremos facer historia convertendo a Ana Pontón na primeira muller presidenta da Xunta de Galiza o vindeiro 18 de febreiro”, declarou a candidata do BNG.
Rodil animou ás militantes e simpatizantes do BNG presentes no acto “a facer chegar a mensaxe, o cambio na Xunta de Galiza é posible co BNG, e co traballo de todas e todos, este 18 de febreiro será unha realidade”. A cabeza de lista do BNG por Lugo afirmou que “durante os próximos días percorreremos os distintos concellos de Lugo para facer chegar as nosas propostas a todas as veciñas e veciños, propostas realistas que rematen con 15 anos de recortes por parte do PP”.
A sanidade será un dos eixos da campaña do BNG, “é un dos servizos públicos que máis sufriron estes 15 anos, e un dos máis importantes para garantir a boa calidade de vida das veciñas e veciños”, dixo Rodil. Desde 2009, Galiza acumula un recorte orzamentario de 2.193 millóns de euros en Atención Primaria e 375.000 persoas están actualmente esperando por unha operación, por unha proba diagnóstica ou por unha consulta cun especialista. Rodil anunciou que o BNG poñerá en marcha un plan de Mellora da Atención Primaria, incrementando o orzamento adicado á sanidade pública ata chegar ao 25% do destinado a sanidade ao final da lexislatura. O obxectivo do BNG é “reforzar o Servizo Galego de Saúde e convertelo nun instrumento de superación de desigualdade e nun motor da economía galega, ligándoo ao coñecemento e á tecnoloxía e creando emprego de calidade”, afirmou Olalla Rodil.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



