Os nacionalistas cren que a situación é insostible para os concellos coma o de Burela con numerosos servizos que debería xestionar a Xunta de Galiza
Burela, 1 de febreiro, 2024. Este xoves o Grupo Municipal do BNG presentou no pleno ordinario do Concello de Burela unha moción encamiñada a esixir da Xunta de Galiza que cumpra coas súas lexítimas competencias.
A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade en Burela, Sandra Fernández Cillero sinalou que “a lei obriga á Administración Xeral do Estado e ás Comunidades Autónomas a financiar integramente este servizo pero a realidade que temos no noso concello, onde non para de medrar o servizo é que entre as outras administracións financian 12 €/h, mentres que nos traballamos cuns custes no servizo de aproximadamente 20 €/h. Esta situación obríganos a consignar uns 600.000 euros nos orzamentos municipais.
O tenente de alcaldesa e portavoz municipal do BNG, Mario Pillado engade que “temos outros servizos como Atención Temperá, a Unidade Asistencial de Drogodependencias ou as Escolas Infantís que representan tamén competencias impropias. Os dous primeiros deberan ser asumidos polo Sergas e supóñennos atrancos a nivel de contas e contratación. No caso das Escolas Infantís vemos como a Xunta implantou a gratuidade da educación de 0 a 3 anos, pero mantén o copagamento ós concellos. É dicir, fináncialle o servizo ós centros privados pero obriga ós concellos coma o de Burela a seguir co copagamento”.
Fernández Cillero cre que a xunta tenta sacar beneficio electoral a costa dos ususarios e dos concellos.
Sandra Fernández continuou dicindo que “estes exemplos de servizos de competencia non municipal supoñen dos fondos propios do concello segundo os Orzamentos municipais en torno ó millón de euros das veciñas e dos veciños de Burela que poderían ser adicados a competencias propias do concello e que, pola contra, hai que dedicar a financiar competencias da Xunta de Galiza”
Por último a Sandra Fernández, finalizou que “no caso do Servizo de Axuda no Fogar é especialmente abusivo pois a Xunta do PP está a xogar cos usuarios con anuncios de marcado carácter electoralista e unilateral coma o do Bono Social, que implica mais traballo para os técnicos do equipo de servizos sociais que xa teñen traballo abondo e non presenta unha solución real para as familias”






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



